cronica_desde_poznan.jpgEstá a decorrer na cidade polaca de Poznan a Conferencia anual dos estados membros da Convención Marco da ONU sobre Mudanza Climática. Unha cita moi importante no camiño cara a un novo acordo internacional para a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro que substitúa o Protocolo de Quioto despois de 2012. Podes informarte sobre a marcha da conferencia a través das crónicas desde Poznan de Pablo Cotarelo, representante da confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción .