CorcoestoDesta volta en Verdegaia cancelamos o noso habitual roteiro do mes para apoiar esta iniciativa da Sociedade de Montaña Ártabros e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños. Trátase dun roteiro que no vindeiro domingo 26 vai percorrer as áreas máis afectadas polos proxectos de minaría de ouro a ceo aberto que están ameazando o medio natural e humano desta comarca.

Achegamos aquí a información que elaboraron dende Ártabros e a Plataforma, pois esta segunda propón realizar só un segmento da andaina. Tamén achegamos unha folla de cálculo que pode ser útil para organizar á xente que queira partillar vehículos para o desprazamento.

Animádevos a participar!

Tríptico de Artabros

Nota da Plataforma

 

Folla de cálculo para partillar vehículos