7_outrocesto.jpgAcompañou tempo de outono polas Fragas do Espindro, brétema, algo de friaxe mais non choveu. Foi interesante coñecer a variedade de habitats na contorna do Esprindo en Cerceda, así como a encrucillada de agresións ambientais da contorna (Meirama central, lignitos de Meirama, Sogama, parque industrial, obras do TAV, …).

Aprendéronnos moitas cousas do reino dos fungos, e datos interesantes para a identificación. Procurouse dar unha introdución ao mundo micetal para logo facermos identificacións e afondarmos nos cogumelos e os fungos ao longo do percurso. Salientouse o facermos unha práctica micolóxica que minimizase o impacto ambiental recollendo só os exemplares que se precisasen e coa técnica máis axeitada.

Houbo momentos interesantes ao longo de toda a xornada, máis foi a descoberta dun mixomicete, ese fungo cun pé xa no reino animal e que son quen de se moveren polos piricutos das herbas adiante, un dos pontes fortes.

Fixose un xantar común nun biduído con boas vistas á fraga e o ambiente foi moi bo. Improvisouse un convite de chocolate quente por parte de Verdegaia que prestou ben na sobremesa.

Rematou a actividade cunha rolda de exposición de exemplares na estación do camiño de ferro de Cerceda e posta en común dirixida como toda a actividade polo noso micólogo Martín Souto. Volta de novo no comboio atravesando outras fragas e bosques de ribeira cara a Compostela, por esta vía que ten os días contados. 

{gallery}galeriascogumelos08{/gallery}

Lista de especies ou xéneros identificados:

 Amanita franquetti
Amanita rubescen
Armillaria mellea
Boletus edulis
Clitocybe nebularis
Collybia butyracea
Cortinarius

Hebeloma crustuliniforme
Hydnum repandum
Hygrocybe sp.
Hygrophoropsis aurantiaca
Hypholoma fasciculare
Laccaria amethystina
Lactarius deliciosus

Lycoperdon perlatum

Lycoperdon umbrinum
Marasmius sp.
Mixomicete
Pluteus sp.
Russula amara
Russula sardonia

Russula sp.
Scleroderma citrinum 

Scleroderma polyrhyzum  
Suillus bovinus
Xerocomu s badius
Xerocomus sp.