O día 26 de marzo comeza no local social de Amarante e Verdegaia un ciclo de cine-fórum sustentábel no que se emitirá un filme cada dúas semanas até 4 de xuño.

cartaz_cineforo_sustentable_ourense_2008.jpg

Este ciclo ten como centro a sustentabilidade, tanto desde o estrito punto de vista social e humano como desde o punto de vista ambiental.

O mércores de cada dúas semanas emitirase un filme ás 20:30 con entrada libre no local social de Amarante e Verdegaia. Ademais, contaremos coa presenza de relatores para falarnos do tema central do filme emitido ese día ou promoverase un debate ao final da proxección.

Esta é a primeira grande actividade conxunta entre as dúas asociacións que se realiza en Ourense logo da apertura do local social que compartimos, a raíz da asinatura do acordo de colaboración.

O día 25 de marzo terá lugar unha rolda de prensa ás 12:30 no local para dar máis detalles das proxeccións que se realizarán.