monte_norfor.jpg

A empresa auditora SGS está danando o prestixio e a credibilidade do selo de xestión forestal sustentable FSC, ao outorgar o certificado FSC a empresas que non o merecen. É o caso da certificación dos eucaliptais xestionados en Galicia, Asturias e Cantabria por NORFOR, pertencente ao Grupo ENCE. Greenpeace vén de promover unha ciberacción para esixir rigor a SGS. 

Após unha auditoría realizada a SGS na primavera pasada polo seu labor de certificación dos montes xestionados por NORFOR , o Servizo de Acreditación do FSC Internacional deu, en parte, a razón ao movemento ecoloxista e, mesmo non sendo moi esixente, puxo en evidencia que SGS comete un grande número de erros, algúns deles moi graves, durante as súas auditorías. Verdegaia apoiou a denuncia, encabezada pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Greenpeace e WWF/Adena, que motivou esta auditoría, ademais de participar nela achegando diversos comentarios e observacións por escrito e asistindo a unha reunión cos auditores, xunto con ADEGA, APDR e Greenpeace.

Participa agora na ciberacción!

Máis información:

Greenpeace denuncia el escándalo de la auditoría ambiental al grupo ENCE

Resumo público da auditoría do Servizo de Acreditación de FSC Internacional sobre a certificación FSC-NORFOR (en inglés)

Verdegaia súmase a FSC España