Este venres 13 abril, ás 20:30 no Multiusos da Xunqueira., a organización activista de redondela (OAR) organizará uhas xornadas co nome "AUTOVÍA NON". O obxectivo e concienciar, xerar opinión e debate en torno da polémica obra que arrasará Redondela para que os pontevedreses cheguen dous minutos antes ó aeroporto de vigo.

O que acontece en Redondela é sintomático da realidade galega. As pequenas vilas artellanse coma complementos das grandes. Os trens xa case non paran nas pequenas estacións, as autoestradas conectan grandes vilas e separan aldeas. Senén Costas, de Verdegaia, aportará nestas charlas unha visión do que sofre o Val Miñor en relación os viais que o conectan con Vigo. Tamén intervirán Roi Durán (Universidade de Vigo), "Os custes externos do transporte" e Manuel Cabalar (Universidade de Santiago), " Alternativas de transporte entre Pontevedra e Vigo"