A Plataforma de asociacións A Ría Non se Vénde mobilízase contra o cambio climático, a especulación urbanística en Cangas e a destrución sistemática do litoral. 

Con motivo da celebración do Día da Terra (22 de abril), están previstos varios actos en Vigo e en Cangas.

Primeiro, convócase a toda a poboación a participar nun roteiro en bicicleta contra o cambio climático. Comeza ás 10:00 na Praza do Rei (Concello de Vigo), ata o Náutico, onde se fará unha acción simbólica contra o quecemento global e a favor de políticas que promovan a bicicleta como medio de transporte, así como o transporte público. Logo collerase o barco e continuarase o roteiro en Cangas.

Co motivo do novo intento de iniciar as obras ilegais do porto deportivo e urbanización de Massó, en Cangas, convocouse unha mobilización urxente en defensa da ría de Vigo, contra a especulación e a destrución sistemática do litoral que se fará o domingo día 20 de abril ás 12:00 na Alameda Vella de Cangas. Alí ademais estará un mercadiño de troco e mesas de todos os colectivos que compoñen a rede A Ría non se vende.

Axenda:

– DOMINGO 20 DE ABRIL: Roteiro en bicicleta, quedada ás 10:00 horas na Praza do Rei (Concello) coas bicicletas e baixada ata ou Náutico para coller o barco a Cangas.

– DOMINGO 20 DE ABRIL ás 12:00 na Alameda Vella de Cangas, protesta, xornadas de troco e mesa de colectivos.

– LUNS 21 DE ABRIL as 19:00 Charla-coloquio sobre ‘Os impactos do cambio climático’, na biblioteca do Casco Vello de Vigo.

Máis información: Begoña Carrera Ríos (619 21 72 04) – Roi Seoage (661 240 605) – Santiago Pérez (652 84 89 42)