Categoría: NC Pontevedra – Novas

Ence fora da Ría

Ence tense gañado a pulso un posto de honra no podio dos desastres socioambientais da Galiza. En primeiro lugar, polo seu impacto directo: É a industria responsable da contaminación por mercurio (o...

Ler Máis
Loading

Ultimas entradas FB.

2 días fai

verdegaia

O último informe da Axencia Internacional da Enerxía indica que a crise climática irá a pior se non se toman medidas urxentes. Nesta gráfica podemos observar as tendencias entre as políticas actuais, as políticas anunciadas e o que sería necesario segundo a ONU para cumprir os obxectivos de desenvolvemento sustentable ... Ver máisVer menos

Ver no Facebook

2 días fai

verdegaia

Este é o Modelo Territorial que deseña o POL (plan de ordenación do litoral) para o noso municipio. Ten catro zonas básicas:

-Protección Intermareal (verde azulado)
-Protección costeira (verde)
-Mellora ambiental e paisaxística (ocre)
-Ordenación (gris)

As dúas primeiras son de protección total.

A zona de Mellor ambiental e paisaxística é unha zona de alto valor que se debe preservar intacta no posible, permítense as rehabilitacións e a mellora do existente, pero soamente en casos moi excepcionais e dun xeito moi xustificado permítense novas edificacións completando a trama urbana xa existente.

A zona de ordenación é apta para desenvolvementos urbanísticos, aínda que se recomenda que se alonxen o máis posible da costa, das áreas máis fráxiles e dos espazos ou elementos valiosos do territorio..

Agora chegou un borrador de Pxom que arrambla con todo isto, dalle igual, non existe o POL ou se existe é tan flexible como para que nós montemos aquí un novo Sanxenxo por riba de todo o que di...

Edificabilidade monstruosa e sen xustificar, non hai crecemento demográfico que poda xustificar a edificabilidade proposta...se o crecemento é negativo dende 2014...! e hai 2.778 vivendas baleiras!!

E desprezo total ás estipulacións do POL sobre a área de Mellora ambiental e paisaxística...sitúa sobre ella zonas urbanas e de núcleo rural con licencia directa, non a diferencia para nada da zona de ordenación; sácase da manga unhas áreas de Recualificación que non se axustan para nada coa definición que fai delas o POL...Isto é unha auténtica vergoña pública

Tendo como temos un territorio marabilloso, valiosísimo, con praias, costa, paisaxe, montes, patrimonio cultural material e inmaterial...aqui agora o único que importa é edificar na primeira liña de costa...exactamente na zona que o POL dictamina protexer...xa nin sequera é o desprezo á legalidade, é o desprezo absoluto ao que temos, ao que é noso.

A situación é moi delicada, hai pouco traballo, e este borrador de Pxom non da moitas pistas sobre en que se pode traballar aquí, o chan industrial é pouco e está alonxado do mar, non moi diferente das moreas de parques industriais que hai en concellos do interior; a protección agropecuaria desaparece; os montes están a eucalipto; o turismo é estacional e maiormente de praia, trae a incomodidade e poucos cartos...que nos queda? Vender...alimentar á especulación con terreos na primera liña de mar...

Unha de dúas, ou non existe intelixencia para aproveitar o que temos, ou somos obxecto dun ataque especulativo orquestado como o que se pretendía argallar co plan de Sotelo do 2005...

O xoves 21 de novembro, ás 19 horas, na Casa da Cultura de Cangas temos unha xuntanza para tratar de reaccionar contra calquera destas dúas posibilidades, se che preocupa o futuro de Cangas, ven, é importante.
... Ver máisVer menos

Ver no Facebook