Ás veces non se sabe se o mecanismo que se pon en marcha ten que ver máis coa casualidade ou coa causalidade. Nesta semana da loita antitransxénica, temos que dar unha boa nova e boa información, por fin. Artigo de Dr. Gilles-Eric Séralini, experto da Comisión Europea en transxénicos no xornal La Vanguardia . Para mostra, un botón (seguro que ninguén se resiste a lelo completo):  "Pero se han hecho test con ratas.   Sí, pero los resultados son confidenciales." "Usted también ha realizado investigaciones recientemente.     Sí, sobre los efectos del Roundup (el mayor pesticida del mundo, utilizado en tres cuartos de los transgénicos) en células humanas: directamente las mata."

Na páxina da Plataforma Galega Antitransxénicos, podemos ler a boísima nova de que Alemaña tomou a decisión de prohibir a plantación de millo transxénico MON 810, tamén prohibido en Francia e en Grecia.

En España non só está permitido o seu cultivo, senón que as autoridades estatais e autonómicas seguen ocultando información e defendendo as multinacionais.

Podedes ver máis información a respecto da decisión de Alemaña no enlace: http://www.galizasentransxenicos.org/?q=node/137

En canto á información, dado que escasea a información boa e veraz a respecto dos transxénicos, podedes ler un artigo do Dr. Gilles-Eric Séralini, experto da Comisión Europea en transxénicos no xornal La Vanguardia: http://www.lavanguardia.es/free/edicionimpresa/20090408/53676085632.html, do que vos deixamos unha mostra no principio do texto. Pensamos que nós non temos nada máis que engadir ó que se di nel á parte de: POR UNHA ALIMENTACIÓN E UNHA AGRICULTURA LIBRES DE TRANSXÉNICOS! (mobilizacións os días 17 e 18 de abril en Compostela e en Zaragoza, respectivamente: http://www.galizasentransxenicos.org/?q=node/136).