0182-0181-59-0201548440 do BBVA

reganosagnl.pngO Comité Cidadán de Emerxencia ten varios contenciosos abertos en contra da planta de gas que REGANOSA contrúe no interior da Ría de Ferrol e que supón unha grande amenaza para a vida de miles de veciños da ría. Nun dos contenciosos o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), aceptou a designación de tres técnicos: Capitán da Marina Mercante, Arquitecto e Enxeneiro Químico para que respondan ás preguntas do avogado do Comité Cidadán de Emerxencia. Ditos informes periciales son moi importantes xa que serán aceptados polo Tribunal neste contencioso e tamén terán o mesmo efecto nos outros contenciosos a trámite. O custo das peritaxes destes tres técnicos ten que pagalos o propio Comité polo que urxe a túa axuda. Tanto o concello de Mugardos como REGANOSA tentaron opoñerse á designación dos tres técnicos, mais perderon o recurso e finalmente contamos cunha oportunidade que non debemos perder. Coa axuda de todos/as pararemos esta barbaridade.

tanques_mugardos.jpgO luns fíxose un primeiro pago de 1.900 euros para costear a peritaxe do Enxeñeiro químico. Antes do venres, 23 de febreiro, deberán abonarse 2000 euros para a peritaxe do Capitán da Mariña Mercante. Finalmente está pendente da comunicación do TSXG para a peritaxe do Arquitecto que se supón que será dunha cuantía similar ás anteriores. A martes 20 de febreiro o saldo é de 920 euros. Se non se obtén a cuantía solicitada perderase esta peritaxe tan importante.

Máis información: comitecidadan@iespana.es

Documental “un gaseoducto en mi jardín” de Línea 900, TV2: http://www.verdegaia.org/redelitoralvivo/content/view/25/ onde explicase claramente a problemática da citada planta de gas.