O roteiro atravesa principalmente bosques de ribeira e ten certo interese ornitolóxico (especies presentes: merlo rieiro, martin  peixeiro, azor, gabián, as dúas especies de gabeadores e as 5 de páridos).  Durante o camiño toparémonos con até 5 muíños, aínda que o principal  protagonista é un foxo onde hai un par de séculos aínda se cazaban  lobos. Este tipo de estruturas cinexéticas forman parte da nosa cultura,  da cultura asociada ao lobo e dos mitos que o envolven. Despois do  roteiro habrá unha pausa para xantar na sede que nos presta desinteresadamente a asociación Canón de pau e na cal terá lugar a  ponencia-charla sobre a conservación do lobo en Galicia, que versará sobre os aspectos mitolóxicos que persisten na mentalidade da xente co  fin de romper eses mitos. A ponencia durará sobre unha hora con rolda de  preguntas incluída.

O roteiro durará aproximadamente 3h30, recoméndase levar comida (para os  que asistan á charla), roupa de auga e calzado de monte (se ten gore tex  millor, é unha rota con bastantes regatos).

jpg Mapa do roteiro

Lugares de saída:

10h30 Pabellón de Deportes de  Pontevedr. jpg Mapa chegada ao Pabellón

11h00 Concello de Cotobade, Carballedo  jpg Mapa chegada carballedo

jpg Tríptico_memoria_do_lobo

Para máis info: Gus 686443309
Tamén poden contactar en ascelgalicia@loboiberico.com