santa_cristina_04.jpg

O día 3 de novembro saíu publicado o anuncio da intención de declarar BIC unha zona que rodea o mosteiro de Santa Cristina (concello de Parada de Sil, Ribeira Sacra ourensá).

Grazas ó bo traballo comparativo de Ricardo, que analizou toda a documentación e ata foi sacar fotos para comprobar todo in situ, presentáronse alegacións de ampliación para cubrir toda a zona visual desde Santa Cristina. Preparou mapas e marcou no seu traballo por onde debería ir o límite final.

Por outra banda, a declaración de zona BIC (se vai adiante e ninguén alegou en contra e lle fan caso) dános un pouquiño de esperanza ante temas como a central hidroeléctrica de bombeo que pretende facer Iberdrola na zona, xa que na zona BIC non se poderán practicar actividades extractivas, construtivas e en xeral que afecten á paisaxe e á zona protexida, a non ser que xa estean comezadas e teñan un alto interese común. A pesar disto deben presentar informes a Patrimonio e outras áreas da Administración para continuar con eses traballos. 

Isto quere dicir que, a non ser que fagan unha trampa moi grande, que nada queda descartado, na teoría non se podería facer a central hidroeléctrica proxectada para a zona.

Verdegaia agarda que sexa así e que todo o mundo poida gozar dunha zona tan fermosa como a de Santa Cristina e arredores sen ter que ver como se bombea auga a unha piscina artificial.

Quen o desexe pode descargar o documento presentado.

alegaci_ns_bic_santa_cristina_de_ribas_de_sil_3-12-08