Dende a Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro, da que fai parte Verdegaia, pedimos o apoio da cidadanía. Trátase neste caso de asinar unha alegación en contra do Proxecto do “Parque Eólico Serra do Galiñeiro”. Se somos moitos e moitas podemos paralo!!!

É sabido de todos que os polígonos eólicos non se poñen onde hai máis vento, nin onde destragan menos a natureza, nin onde fai máis falla a enerxía, nin onde máis necesidades económicas ten a poboación. Póñense onde menos oposición atopan as multinacionais para a súa construción. Naqueles lugares en que a montaña, as serras ou campo están abandonados, e os seus propietarios e os poucos veciños que alí quedan non teñen nada mellor que facer co monte que entregarllo por “dúas chicas” aos especuladores.

Os e as que formamos a Plataforma pola Protección da serra do Galiñeiro estamos convencidos/as de que este non é o caso da bisbarra de Vigo e menos dos que vivimos arredor desta emblemática serra. Ao Galiñeiro dámoslle moitos usos e tiramos moito proveito del e por riba de todo disfrutamos del.

Pretendemos inundar as Consellerías de Economía e Industria e de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas coas nosas alegacións. Que todo aquel/aquela que sinta o Galiñeiro como seu manifeste a súa oposición a que esta serra nola usurpen e lle sexa entregada por uns míseros euros anuais, e de por vida, a unha empresa da que o único beneficiario que coñecemos é un banco suizo.

Temos ata o 30 de novembro para facelo. Pero como sempre é mellor non deixalo para a última hora. Podes entregar a alegación ti mesmo/a nas dependencias da Xunta en calquera provincia ou nos concellos e outros organismos que teñan portelo único. Pero se tes dificultade para ir a eses lugares podes deixala nos puntos que máis abaixo indicamos antes do 25 de novembro, onde nós as recolleremos e despois as entregaremos todas xuntas.

Por suposto que ti podes facer a alegación que che praza se non che gusta a que che propoñemos. Que saibas que moitas asociacións están preparando a súa e que a Plataforma está traballando para presentar unha moi exahustiva e fundamentada.

Se ti formas parte dunha asociación, pedímosche que este comunicado o difundas dende o teu colectivo e que recollades vós as alegacións xa cumprimentadas para despois pasárnolas á Plataforma. Deste xeito chegaremos a máis persoas. Moitas grazas.

ONDE DEIXAR A TÚA ALEGACIÓN……………………………….

ONDE DEIXAR A TÚA ALEGACIÓN

 

 

VINCIOS (Gondomar)

 

GONDOMAR (centro)

GONDOMAR (centro)

VIGO

(As Travesas)

VIGO

(Pi Y Margal)

O MORRAZO

NO CONDADO

COMPOSTELA

 

 

 

Centro Cultural

 

 

IEM (INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS)

 

Librería LIBRAIDA

 

Tenda IMAGINARTE

 

Tenda

“Terra Deporte Aventura”

No buzón de

Palmás, nº 2. DOMAIO

(É na estrada provincial)

 

I.E.S. A Granxa

Ponteareas

 

Sede de ADEGA

 

 

Barrio de Piñeiro

Avd. da Feira,

nº 10

 

Avd. do Fragoso,

43

Pi y Margall, 53

 

 

Rúa Travesa de Basquiños

Nº 9

 

Mañán e tarde

(Nas oficinas)

Pola noite

(Na cafetería)

 

De 7 a 10 da noite.

 

Horario de tenda

 

Horario de tenda

 

Horario de tenda

 

Calquera hora

 

Horario escolar

 

Horario de oficina

 

 

Ánimo! Ánimo! Ánimo!

Descarga o modelo de alegacións.