A Asociación Herpetolóxica Española, a Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia veñen de denunciar perante a Consellaría de medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia un recheo ilegal dentro do Lugar de Importancia Comunitaria(L.I.C.) “Gándaras de Budiño”(ES1140011)pertencente á Rede Natura 2000 da Unión Europea.Gandaras Budino

Na parcela 105-A do Polígono das Gándaras (O Porriño) están localizadas as dependencias da empresa Hierros Arteta. Na parte traseira da parcela, limitando co L.I.C., obsérvase a destrución do bosque de ribeira por recheo de terras, cun muro de contención e parte das instalacións invadindo a superficie incluída na Rede Natura. Sobre esta infracción, existe sentencia administrativa que obriga á retirada do recheo de dentro do espazo natural. Ademais a “senda peonil” está pechada por valado e invasión do térreo do recheo. Ó lado deste texto pódese ver a localización e ó final do escrito engádense fotos.

Estas actuacións, vulneran entre outras diversa normativa ambiental, como a Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade e a Directiva 2004/35/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 21 de abril de 2004, sobre responsabilidade medioambiental en relación coa prevención e reparación de danos medioambientais.

Polo tanto as tres asociacións solicitan:

       Que se investigue e, no seu caso, se adoiten as medidas administrativas oportunas, respeto o recheo pola empresa Hierros Arteta.

       Que de apreciarse que as actividades descritas puideran ser motivo de infraccións ou delito cara o medio ambiente, conforme á normativa ambiental vixente, por molestias a fauna protexida, destrución de hábitats prioritarios ou desenvolverse dentro de espazos naturais protexidos sen a respectiva autorización ambiental, se tomen as medidas sancionadoras oportunas e se obrigue á reparación dos danos provocados, coa finalidade de devolver o espazo á situación orixinal.

Gan Bud foto 01

 

Gan Bud foto 02

 

Gan Bud foto 03