tubo_vertido.jpgVerdegaia acaba de denunciar ante a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, unha serie de actuacións presuntamente ilegais que afectan a marisma do río Baxoi. Esta marisma constitúe un importante refuxo de fauna, principalmente de aves. Hai para tódolos "gustos": verquidos, plantacións de eucaliptos, desmontes, construción de muros na ribeira e o impacto paixasístico ao que, desgraciadamente, tan afeitos/as estamos.

muro.jpgSobre a ribeira da marisma do río Baxoi construíuse un muro de contención para o peche dunha finca particular. As obras consistiron na instalación de varias trabes de formigón prefabricado, dispostas verticalmente sobre a base do talude natural existente. Tamén atopamos un recente desmonte e un pequeno recheo que alteraron 23 metros da ribeira da marisma, afectando parcialmente ao Dominio Público Marítimo-Terrestre , o cal non está permitido pola lei, salvo contadas excepcións. Na mesma zona efectuouse tamén a corta e o desbroce da vexetación de ribeira, ficando o talude exposto a erosión.

eucaliptos.jpgAdemais, nas inmediacións hai varias plantacións de eucaliptos limitando coa  marisma. Estas árbores supoñen unha ameaza para o ecosistema natural da zona polo seu carácter invasivo. E, ao noso modo de entender, imcumplen o Decreto 81/1989 , que especifica "Non se permitirán as novas plantacións de eucalipto en terras ocupadas por masas doutras frondosas incluídas as áreas de vexetación natural de ribeira". Finalmente atopamos un punto de vertido de augas residuais sen depurar,consistente nun tubo de formigón dun 20 cm de diametro, supostamente dunha vivenda próxima. Estas augas podes estar contaminando a capa freática e afectar á marisma.

No escrito solicitamos a eliminación do muro, a sustitución dos eucaliptos por outras especies non lesivas, a clausura do foco de contaminación  e no caso do desmonte a reposición dos terreos afectados ao seu estado natural.