Verdegaia vén de realizar un acto onte xunto co resto de colectivos da Coordinación Palestina.gal, no que fixemos entrega dunha carta para os grupos do parlamento Galego, para instar a que tomen medidas contra o plan de anexión dos territorios ocupados de Cisxordania que promove o Estado de Israel co apio do goberno de Trump, que afonda na ilegalidade e no maltrato o pobo Palestino.

Esta Coordinación nace para axuntar esforzos e solidariedades e agarimo co pobo Palestino .
Facemos este acto non so como unha mera presentación, senón para recordar a data de hoxe 15 de maio, na que hai 72 anos acorreu a desgracia do pobo palestino, “A Nakba” ou día da catástrofe. Dende entón a terra palestina segue a ser roubada, a súa xente torturada e asasinada, as súas crianzas perseguidas e encarceradas. O xenocidio que esta a sufrir o pobo palestino é innegábel, mais está a ser silenciado.
Dende esta Coordinación nom queremos nin esquecemos o sufrimento do pobo palestino, e nacemos como ferramenta de solidariedade galega, máis se cabe, tendo en conta as últimas novas, a anexión do estado Israelí, dos asentamentos ilegais de colonos dentro da Cisxordania.