catastroikaO próximo XOVES día 28 de xuño terá lugar a derradeira sesión do ciclo de cinema e debate organizado polos grupos locais das asociacións A Xuntanza, Amarante e Verdegaia en Compostela coa proxección do documental “CATASTROIKA”

“Dos creadores de Debtocracy, este documentario analiza a privatización dos activos de diferentes estados nun percorrido no que recollen información sobre as privatizacións en países desenrolados, despois do programa de privatización masiva acontecido na Grecia”


O ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar” pretende abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas sociais e ambientais (consumismo, industria agroalimentar, deslocalización, alimentos transxénicos, desigualdade nas relacións comerciais entre países do norte e do sur, deslocalización, explotación laboral, etc), empregando a linguaxe audiovisual para achegar estas realidades ao público en xeral. Coñecer e comprender as causas dos problemáticas sociais que nos afectan, representa o primeiro paso cara a unha mudanza persoal e social, motivo polo cal preténdese ofrecer á cidadanía compostelá un espazo para o intercambio de ideas e inquedanzas, nun clima ameno e distendido.

A proxección terá lugar no local da Asociación Veciñal A Xuntanza (Corredoira das Fraguas 37 baixo, Barrio de San Pedro) o día 28 de xuño ás 20:00h, a entrada será de balde e até completar aforo.