Para este mes, e despois dun descanso nas Tertúlias, xa que coincidían con outros actos moi interesantes e dos que Verdegaia participaba (Contra-cumio de pesca ou presentación de Fiare e COOP57), traemos un tema moi "refrescante" como é a problemática da mudanza climática, e a falta de acordos internacionais o respecto, e a pouca vontade política para atallar este conflito ecolóxico e social.

Faremos un repaso as datas e acordos, par ir abrindo boca, pero deseguro que tocaremos máis temas relacionados, como refuxiados climáticos, o futuro inmediato, ou o noso entorno máis próximo, "pensa globalmente, actúa localmente".

 Para as persoas socias hai un fío no foro coa documentación :

http://www.verdegaia.org/foro/viewtopic.php?f=65&t=757

 

Lembra que a tertulia é no local da Escola Popular Galega Vigo (Rua Real 12), ás 20:30.