8_bicis_1_coche.jpgVerdegaia-Vigo organizou onte, 11 de setembro, a II carreira comparativa de medios de transporte pola cidade de Vigo. O percorrido foi o seguinte: Praza da Independencia – Praza elíptica – Concello – Centro Cívico do Casco Vello. E os medios utilizados foron 6: a pé, en bici, en bus, en taxi, en coche, en moto. O acto simbólico enmarcábase na Semana europea da mobilidade 16-22 de Setembro, e pretendía reabrir o debate sobre a mobilidade urbana actual, baseada fundamentalmente no vehículo privado.

Por segundo ano consecutivo a bicicleta demostrou ser o medio máis rápido, máis sustentable, máis económico e máis sano, revelándose como a mellor forma de movernos pola cidade, e desafiando toda opinión que considera arriscado moverse en bici por Vigo.

En cuestións de tempo seguíu na 2ª posición a moto, 3º) taxi, 4º) a pé, 5º)bus, 6º) coche.

A moto gañou en tempo, ao taxi e á persoa andando, pero ésta gañou en cuestión de emisións de CO2, de ruidos, de saúde, de accesibilidade aos distintos lugares, e de cartos (custo da gasolina e compra/mantemento da moto).

O taxi manifestouse un medio moi custoso para moverse pola cidade (13 euros nun percorrido de 7Km), ademáis tamén das emisións, do ruido e a ocupación espacial.

O bus saíu malparado polo trazado do percorrido, que non lle era favorable, e pola mala conexión, en transporte público, de moitas zonas da cidade.

O coche, tan laureado pola sociedade e considerado popularmente o medio máis rápido, quedou de último e fixo o dobre de tempo ca bici, contaminou máis que ningún, fixo ruido, perdeu tempo en atascos, ocupou espacio e tivo que aparcar no parking por falta de espacio libre entre tanto coche. Esto supuxo uns costes importantes entre gasoliña, tickets zona azul e parking (obviando xa, a compra e mantenemento do coche).

Conclusión:
Para que a mobilidade urbana sexa sustentábel, ten que fomertar os desprazamentos a pé e en bici, en distancias medias (que son a maior parte dos desprazamentos urbanos), xa que os seus impactos ambientais e sociais (emisións, ocupación de espacio, accidentalidade, etc) son nulos, ademáis de beneficiosos para a saúde física e mental das persoas que o practican. Ha de fomentarse tamén o transporte público de calidade, ben conectado (con estacións intermodais), e con máis carris bus-VAO, pensando tamén noutros medios diferentes como tren de cercanías, tranvías, etc.
Polo contrario, o uso de automóvil privado ten que desincentivarse radicalmente, ao contrario do que fan as actuais políticas públicas de mobilidade urbana, obsesionadas con dotar de facilidades ao coche (construcción de estradas e aparcadoiros), esquecendo a importante relación directa entre o transporte e o modelo de cidade e esquecendo tamén outras formas alternativas máis eficaces e eficientes para moverse, como se demostrou onte en Vigo.