salvoraCaixaGalicia ven de anunciar a adquisición da Illa de Sálvora e os seus illotes colindantes ao seu actual propietario Francisco de Borja Otero coa anunciada intención de adicala a un “proxecto ambiental”. Estas illas fican incluídas no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Comprobamos unha vez máis o desleixo da Administración Pública, tanto autonómica como estatal, na salvagarda do patrimonio común por non ter intervido para revertir os terreos á titularidade pública como lles corresponde, exercendo o dereito de retracto sobre a oferta de CaixaGalicia se for posible ou negociando directamente co propietario dos terreos. Non se entende que un Parque Nacional se manteña repartido entre distintos propietarios tendo a oportunidade de incorporalo ao patrimonio público e manter unha xestión e control directos sobre el.

Verdegaia presentará a través do Consello Galego de Medio Ambiente a súa queixa por estes feitos esixindo a incorporación do conxunto de Sálvora ao dominio público.