Unha introdución ao marabilloso mundo dos cogomelos e os fungos, da man do micólogo Martín Souto. Apañamos o tren en Compostela e en menos de media hora estamos a pasear polas fragas do Espindro en Cerceda. Hai que levar o bocata e roupa de monte (botas, impermeábel e paraugas). Quen teña un cesto de bimbias que o leve (e nunca bolsas ou caixas de plástico). Tamén pode ser útil unha navalliña, lápis e papel, un manual de cogomelos e unha cámara de fotos se temos por casa.

Sábado, 8 de Novembro
Encontro: 8:40 
Chegada: 16:30
Lugar: Estación do tren de Compostela
Prezo total: 5 €
Inscricións no 645567609

O tren sae ás 9:01 de Compostela e leva uns 25 minutos ao apeadoiro de Cerceda, collendoo para a volta ás 15:55. Hai outros trens de volta (por conta de cadaquén) ás 12:52 para vires antes, e ás 19:17 ou 20:09 para vires máis tarde e fóra da actividade. O prezo é para o billete de grupo que se formalizará coas inscricións recebidas antes da sexta-feira día 7. En último caso é posíbel ires directamente á estación sen garantía de ter o desconto de grupo.

Daranse indicacións previas para axudar na identificación e minimizar a extracción de exemplares e o impacto da actividade, pasando logo a explorar a zona por grupos.  Faranse unha ou duas postas en común e roldas de identificación conxuntas. A zona de traballo é na contorna da estación de Cerceda, non sendo preciso andar grandes distancias segundo as posibilidades de cadaquén. En caso de chuvia poderémonos acoller na estación.

Vista e mapa do rego do Espindro entre Cerceda e Vilasenín (Ordes).

fragavilaseninimaxesatelite.jpg