Por un Monte Galego con Futuro: mobilízate na túa localidade o 21 de marzo ás 12h. e súmate contra o Plan Forestal do PP #MonteGalegoConFuturo

Logo da súa presentación no Parlamento de Galiza mantemos as nosas dez razóns para rexeitar o plano forestal que quere impor o Goberno do PP na Xunta. Comproba os lugares e horario das concentracións para apoiar esta causa.

As organizacións asinantes do manifesto de rexeitamento da primeira revisión do Plano Forestal de Galiza, tanto a versión exposta a información pública (2018) como a presentada neste ano 2021 no Consello Forestal e o Parlamento de Galiza, entre as que se encontra Verdegaia, solicitamos a súa anulación e a elaboración dunha nova planificación do monte a partir do Inventario Forestal Galego (aínda en elaboración) e seguindo como principios reitores a necesidade de afrontar a emerxencia climática, a preservación da diversidade de hábitats e especies, a multifuncionalidade de usos do monte, o aumento significativo do arborado autóctono, o mantemento dos servizos ecosistémicos e a sustentabilidade económica e social.

Podes consultar as 10 razóns fronte a este plano forestal na nosa web.