1masacriticaferrol.jpgA masa crítica (bicicletada), será o venres 23 de novembro ás 18.30 da tarde. A saída realizarase en Porta Nova (Ferrol) e despois de dar unha volta pola cidade haberá unha conferrencia a cargo dos membros da Masa Crítica da Coruña, ás 20.00h no Espazo Libertario (Avda. de Esteiro, nº 10, baixo). 

A masa crítica é unha concentración de ciclousuarios que se reúnen unha vez ao mes para dar unha volta pola cidade. O obxectivo é dar un toque de atención sobre os problemas que acarrea o actual modo de transpore moi baseado no automóbil e de paso concienmciar de que hai outras alternativas, como o uso da bici, que comporta múltiples beneficios.

Máis información sobre a Masa Crítica en www.bicis.info