ADEGA, a Plataforma en Defensa dos Camiños, a Plataforma de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo, a Sociedade Galega de Historia Natural e VERDEGAIA organizan a 1ª Andaina Polo Río Baa polos concellos de Fene e Cabanas.

            Este roteiro levarase a cabo o sábado 14 de abril, con saída ás 11.00 horas e hora de chegada prevista ás 16.30 horas. A distancia é de 3,5 quilómetros.


ImaxeRoteiroRíoBaa


 

Lugar de Encontro: Na pista que transcorre paralela á autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe.

 

Prevese facer unha parada no muíño para comer (cada un debe traer a súa comida).

 

 

 

Hai anos, antes da chegada do Polígono Industrial de Vilar do Colo, era doado facer rotas a pé polas beiras do río Baa seguindo os múltiples carreiros que os vecinos utilizaban para transitar entre as distintas parroquias da zona ou para achegarse ás súas terras. Naqueles tempos, cando aínda non había tres coches por cada casa, a xente usaba estas vías de comunicación para poderse achegar ao médico, para ir ás feiras ou para axudar á familia ou veciños nas labores agrarias que eran a base fundamental da economía familiar. Esta andaina pretende ser o inicio da recuperación deses camiños case esquecidos que só os lugareños temos na nosa memoria.

 

O roteiro transcorre polos montes de Prismos, un lugar dunha grande riqueza medioambiental e etnográfica onde se conxuga a beleza das súas paisaxes coa existencia de vestixios ancestrais nos que se conservan tradicións milenarias.

 

 

 

Itinerario

 

O roteiro discorrerá polos concellos de Fene e Cabanas, cunha lonxitude aproximada duns 3,5 Km. Comezaremos na pista que transcorre paralela ás autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe. Dende aquí partiremos cara ao Marco de San Lourenzo, onde faremos un pequeño alto para comentar a historia deste pedrón, así como as tradicións que o rodean.

 

Lago continuaremos o percorrido cara o Castro de Prismos, un dos castros mellor conservados de Galicia, onde faremos unha segunda parada para falar sobre esta construcción prerromana.

 

Unha vez rematada a charla, partiremos cara o río Baa ata chegar ao Muíño de Petra onde faremos unha última parada para comer e falar do alto valor ecolóxico e paisaxístico que, inexplicablemente, aínda non goza de ningunha figura de protección.

 

Para rematar coa andaina, voltaremos cara o punto de partida.

 

 

 

Teléfonos de Contacto:

 

Xavi: 651884692

 

César: 649243611

 

Antonio: 608247955

 

Alexandre: 690612737

 

Serxio: 662428976