Inicio
Porqué
Quen
O Proxecto orixinal
A modificación do PXOM
As alegacións
Difusión
Contacto

O Proxecto orixinal

Aprobado polo Pleno do Concello de Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1994.

O proxecto (PERI-11 de Salgueiriños) define un gran espazo público conformado en 3 áreas (A-1, A-2 e A-3)

- A-1

Espazo cuberto sen peches, sobre un aparcadoiro soterrado, cunha función de usos múltiples como estancia, concertos, manifestacións culturais, mercadiños, etc. seguido doutro espazo aberto de 50x50 metros defiido como praza de usos múltiples ao ar libre.

No seu perímetro sitúase un espazo construido de dúas prantas, utilizábel na súa cuberta como gradas, onde se ubicaría o acceso rodado e peonal ao aparcadorio, así como aseos públicos e dependencias auxiliares, con paradas de autobus e taxi, constituindo un intercambiador de transporte urbano.

- A-2

Espazo arborado de prantación xeométrica (chopos ou bidueiros) con pavimento semiduro adoquinado de granito con xunta de herba

- A-3

Carballeira e recuperación do río Corgo no seu interior.

Podes descargar o documento completo premendo aquí (PDF, 8 MB)

Planos orixinais

Vista actual do PERI-11 de Salgueiriños

 

 

 

Espazo web cedido por verdegaia