Inicio
Porqué
Quen
O Proxecto orixinal
A modificación do PXOM
As alegacións
Difusión
Contacto

PORQUÉ

A cidade conformouse históricamente como un espazo de socialización e intercambio entre seres humanos, nucleada en torno as prazas e espazos públicos. A figura dos barrios entendidos non como un simple conxunto de vivendas nun espazo determinado senón como un núcleo social cohesionado foi parte importante deste proceso. Barrios nos que os distintos usos do solo contribuían a dotalo de entidade propia e facilitaban o mantemento e reforzamento dos intercambios, revelándose peza fundamental na constitución dunha cidadanía activa e consciente da súa realidade social, facilitando a concienciación colectiva das necesidades e problemas e promovendo a súa solución.

Porén, a evolución do urbanismo perdeu esta visión humana da cidade. As dinámicas especulativas foron reducindo progresivamente a presenza destes espazos públicos descentralizados en favor de acumular vivendas, moito máis lucrativas para as administracións e as empresas construtoras, e concentrando artificialmente en outras partes da cidade os usos sociais destes espazos.

A actual especialización dos espazos urbanos obriga a importantes desprazamentos para acceder aos lugares de traballo, estudo e lecer, perdéndose a dimensión da proximidade, que define a posibilidade de que unha persoa poida desenvolver a meirande parte das súas actividades cotiáns en distancias peonais, contribuindo xa que logo á conformación dunha cidade ambientalmente sustentábel e socialmente cohesionada.

As prazas e parques fan parte fundamental desta dimensión humana da cidade permitindo a combinación dos usos lúdicos, culturais e comerciais, e fornecendo unha base estábel e un espazo de referencia onde construir o tecido das relacións sociais comunitarias, cerne dunha cidadanía consciente, empática, solidaria e participativa.

O Concello de Santiago aprobou no ano 1994, ao abeiro do plano vixente, o Proxecto de Praza Pública para Salgueiriños elaborado polo Arquitecto Gallego Jorreto, que contemplaba:

  1. un intercambiador urbano en superficie e un aparcamento público soterrado de 600 praza(200 prazas por planta)
  2. un espazo cuberto de usos múltiples capaz de acoller diferentes usos públicos tales como: concertos, manifestacións culturais, feiras e mercados, etc.
  3. un espazo aberto de 50x50m (praza de 2.500 m2para usos múltiples ao aire libre)
  4. unha edificación (altura máxima dúas plantas),utilizable na súa cuberta como gradas, na que se ubican os accesos rodado e peatonal ao aparcamento público, aseos públicos, dependencia auxiliares, paradas de autobuses urbanos e de taxis (intercambiador de transporte urbano)
  5. un espazo arborado en plantación xeométrica(alameda)
  6. un espazo arborado en plantación densa (carballeira) en conexión coa zona verde do SUNP- 2 Salgueiriños, tamén incluída no sistema xeral de espazos libres e zonas verdes públicas e coasignificativa recuperación do río do Corgo como fito fundamental da ordenación de todos estes elementos.

Na revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal recualifícase esta zona verde e un espacio libre do sistema xeral de espazos libres e zonas verdes públicas para destinalo expresamente ao uso de vivenda, planeando entre 120 e 140 vivendas nunha operación de especulación que privatiza un solo público e que empobrece o espazo público por facer imposible a execución do que prevé o planeamento aprobado en 1994: un tratamento respectuoso coa historia, a vocación e a conformación física do terreo, resolto con sensibilidade e particularmente acertado na disposición formal e na gradación ou transición entre áreas de distinta intensidade de uso, nunha zona particularmente esquecida en canto a dotación de espazos e servizos públicos.

Espazo web cedido por verdegaia