![]() |
|||||||
ALEGACIÓNSEsta recualificación de terreos públicos significa: 1- A perda da praza de usos múltiples de 5000 m2 (2500 deles cubertos) destinada a paseo, concertos, eventos culturais, feiras que aportaría un elemento versátil e unificador de grande valor.
2.- A perda de zonas arboradas de carballeira e alameda, dispostas no eixo da vagoada, que constituirían unha masa forestal unha masa forestal sobranceira que harmonizaría os diferentes usos da zona, animando a veciñanza do contorno ao lecer e ao emprego da mesma en contraposición a forte actividade terciaria prevista. 3.- A perda dun aparcadoiro disuasorio público de 600 prazas ligadas ao intercambiador de transportes (buses urbanos e taxi), un elemento fundamental para a cidade en dous aspectos:
Ademáis conleva unha serie de irregularidades que imposibilitan a súa realización: a) O artigo 94.4 da lei 9/2002 so 30 de decembro de ordenación urbanística e proteción do medio rural de Galiza establece que a modificación dos planeamentos urbanísticos refereidos a espazos verdes e a espazos libres públicos requiren un informe favorábel da Comisión Superior de Urbanismo de Galiza. Ao respeito do PERI-11 onde se recualifican espazos libres públicos para destinalos a vivenda. Non existe constancia da existencia de dito informe favorábel. b) Esta praza de Salgueiriños, recóllese no PXOM como unha das 6 áreas pertencentes ao sistema xeral de espazos públicos (Praza do Parlamento de Galicia, do Auditorio, o Campus Universitario e dúas patrimonio da humanidade: a do Obradoiro e a Quintana), polo que a súa xestión esixe a máxima sensibilidade, non cabendo derivacións a outros usos como o de vivenda. c) Na memoria do PXOM, o cómputo dos espazos públicos presenta unha medició nfalsa onde non se restan os8.225m2 recualificados a vivenda no ZL-3 do PERI-11. d) A supresión d acarballeira,das prazas de uso múltiple e do intercambiador de transporte; e o incremento da intensidade de uso residencial, desvalorizan o importante investimento feito polos/as compradores de vivenda nesta zona na última década (moita dela promovida en cooperativa) estando esta ordenación aprobada polo Concello para a súa execución obrigatoria dende o ano 1994. Este cambio supón ás familias da zona un prexuizo inxustificado, tanto a nivel económico como en calidade de vida para o futuro. e) A supresión das actuacións proxectadas para o álveo do río Corgo procuran, mediante a apertura e recuperación deste tramo, completando e reforzarndo este corredor fluvial que discorre pola aba oeste da cidade dende a nacente en Meixonfrío ate o parque de Galeras onde se xunta co río Sarela e a indefinición nas que se deixa o espazo non ocupado polas vivendas, poidendo dar lugar ao soterramento definitivo de 300 m de traza dun río, pódese considerar un atentado ambiental en toda regla, máis sendo froito da especulación urbanística Podes descargar as alegacións completas premendo aquí ou a versión individual aquí
|
|||||||
Espazo web cedido por verdegaia |