![]() |
|||||||
Transcripción completa das grabacións Como candidato á
alcaldía, que previsións ten para a Praza Pública de Salgueiriños?
NESTOR REGO. BNG 20.03.07 - FORO CÍVICO DE ONDA
CERO NO HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS
(1m 47s) Despois de que o BNG tivese
apoiado [na votación do pleno] as
alegacións dos veciños e veciñas que pedían que nesa ampla zona non se
construísen vivendas senón que se mantivese a condición que tiña de praza
pública, penso que vai ser un magnífico espazo de relación e de convivencia,
con moitas posibilidades, tanto pola situación -nunha zona de crecemento da
cidade cara ao norte- como pola propia dimensión. Desde logo, se o BNG ten
a alcaldía de Santiago, comprometémonos a que esa praza estea executada nun ano
dende a toma de posesión. Coido que non é un proxecto excesivamente complexo,
polo que nun ano se pode desenvolver, seguindo no fundamental as ideas de
Gallego Jorreto, un dos mellores arquitectos que temos no noso país, e en todo
caso sempre de acordo coas opinións dos veciños e veciñas desa zona. Noutras hipóteses en que
o BNG estea no goberno municipal, loxicamente dependerá da responsabilidade que
teña cadaquén: se o BNG ten a concellaría de obras ou de urbanismo, loxicamente
ese compromiso se debe manter. Como candidato á
alcaldía, que previsións ten para a Praza Pública de Salgueiriños?
GERARDO CONDE ROA. PP 27.03.07 - FORO CÍVICO DE ONDA
CERO NO HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS
(2m 12s) O grupo Popular defendeu
ben, ao meu xuízo e con todo o meu respaldo a necesidade desa praza pública, e
eu non fago outra cousa máis que ratificar ese compromiso. O que non ten sentido é
o que xa se produciu noutros ámbitos de Santiago: e que as cousas que se
aproban inicialmente nun plan xeral, ao final acaban cambiándose ao último
momento, dunha maneira un tanto peculiar, e dan lugar a máis aproveitamento
residencial. Estou pensando agora no convenio que hai firmado con Adif na
estación de Renfe. A construción dese
espazo, é unha cuestión que haberá que afrontar, dependerá do orzamento
municipal, no senso de que poida ser só o concello de Santiago o que
afronte esa construción, se se pode repercutir algo entre os que son -digamos-
beneficiarios directos desa praza, e en todo caso se pode haber a achega doutra
administración pública. Pode ser un lugar
emblemático de Santiago. Se se fai unha actuación bonita, se se convoca un bo
concurso, se se fai un bo deseño, aquel é un sitio que pode quedar
estupendamente ben, Por tanto, eso é o que a nós nos interesa, ir facendo pouco
a pouco de espazos da cidade que inicialmente tiñan outra consideración
diferente, espazos habitables e que teñan un contido especial que lle dean un
carácter un pouco de barrio a esa zona. Como candidato á
alcaldía, que previsións ten para a Praza Pública de Salgueiriños?
XOSÉ SÁNCHEZ BUGALLO. PSOE 17.04.07 - RADIO GALICIA CADENA SER (4m 19s) Esa zona vaise
transformar... [entra en detalles das
obras que vai facer a Xunta na explanada onde se fai actualmente a feira do
xoves] Máis adiante eu espero
que poidamos actuar. Facer unha actuación de mellora. Eu, o que non me podo
comprometer agora mesmo é a realizar a actuación que sei que a vós vos gustaría
máis, que era a que inicialmente se prevía, que non é un proxecto, no
"borrador" que preparara Manuel Gallego, por que esa actuación
custará moitos millóns de euros, e eu non teño garantido a día de hoxe aínda o
financiamento. De feito, na práctica,
cando propoñiamos o das vivendas, era como un mecanismo para obter
financiamento para toda esa operación. Como sabes moi ben, quedou desbotado no
propio plan, e polo tanto as actuacións terán que ir paso a paso e segundo
vaiamos tendo recursos. Hai outra parte que
queremos executar... [entra en detalles
dos edificios de bombeiros e policía municipal], e no espazo que
actualmente ocupa o aparcadoiro [o da
praza pública], en canto teñamos recursos a nosa intención é atendelo, pero
teremos que ir nun proceso máis "escalonado" que o que tiñamos
previsto inicialmente. O proxecto de Gallego
Jorreto non existe, por que nunca houbo tal proxecto. Había uns debuxos que
deron lugar a un plan especial, pero logo a realidade tampouco responde ao que
eran eses debuxos. Para empezar el debuxaba un río nun sitio que non está. Por
que o río non se sabía onde estaba, por que estaba completamente tapado polo
antigo mercado de gando. Entón cando se fixo o edificio de Facenda descubriuse
que o río en vez de ir ao outro lado do edificio ía por debaixo. Loxicamente, cando
poidamos actuar aí e levantar o parque, e recuperar a ribeira do río teremos
que adaptarnos á realidade física existente. O río, Gallego Jorreto desviábao
uns 40 m ou 50 me parece, non é que o desviara, que el o pintou por onde lle pareceu
por que non o sabía. Terémonos que ir adaptando a esa realidade.
|
|||||||
Espazo web cedido por verdegaia |
|||||||