identificador png

  • Fai unha doazón!
  • Foro
  • Faite soci@!
  • Inicio
  • Contacto

Breadcrumbs

Vostede está aquí: Home

A Asociación

  • Quen somos?
  • Misión
  • Ideario
  • Principios organizativos
  • Transparencia
  • Estrutura
  • Comisión Permanente
  • Estatutos

Facemos parte de ...

  • Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
  • FEG
  • Retorna
  • Rede Galiza non se Vende
  • A Ría Non se Vende
  • Plataforma Galega AntiTransxénicos
  • Coord Ferrocarril Público
  • ConBici

banner cos pes

bicisinfo

Licencia Creative Commons
Verdegaia atópase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0

Abrir sesión

  • lost password
  • lost uname

Brigadas Deseucaliptizadoras

Logo brigadas deseucaliptizadoras

Dossier

 

PICT0011

Núcleos Comarcais

  • Verdegaia - Compostela
  • Verdegaia - Coruña
  • Verdegaia - Ferrol
  • Verdegaia - Ourense
  • Verdegaia-Pontevedra
  • Verdegaia - Vigo

curriculo

10 preg

10razons

trafego

Areas Temáticas

  • Biodiversidade
  • Educación Ambiental e Xustiza Social
  • Urbanismo, Infraestruturas e Territorio

Sindicación

feed-image Feed Entries

Facebook

Powered by Enter Logic
No events
«
<
April 2018
>
»
M T W T F S S
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 1 2 3 4 5 6

Feijoo, Israel e a Lei de Depredación

Detalles
Publicado o Mércores, 07 Febreiro 2018 17:21
Visitas: 563

GazaCando cualificamos á Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais como lei de Depredación se cadra non imaxinabamos o peso que podía chegar a tomar esa palabra. Sinalamos con ese termo a busca do negocio a custa da nosa natureza e dereitos colectivos. Pero tras desa lei aniña unha maquinaria que non repara en nada se pode obter un beneficio económico inmediato. A natureza é menos natureza se hai diñeiro de por medio, as comunidades menos comunidades e os xenocidios menos xenocidios. As empresas que operan en connivencia coa Xunta de Galicia queren tirar partido diso.

Durante os días finais do pasado mes de xaneiro, Feijoo, acompañado polo Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o director xeral do CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia), Luis Moreno, a delegada do Estado na Zona Franca, Teresa Pedrosa e outros representantes de empresas e centros de innovación, estiveron de visita en Israel, facendo contactos nos sectores da automoción, biotecnoloxía ou agro-industria. De paso, vendendo as facilidades de instalación no noso país que a lei de Depredación abre ás empresas israelitas.

Ler máis...

8M 2018 - Paramos Galiza!

Detalles
Publicado o Venres, 02 Febreiro 2018 09:09
Visitas: 539

8M 2018 - Paramos GalizaChamamento ás mulleres galegas
8M 2018 - Paramos Galiza!

As mulleres da Coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres chamamos a secundar na Galiza o paro internacional de mulleres iniciado polas nosas irmás latinoamericanas no 2017 reclamando un mundo sen violencia e o dereito a vivirmos unhas vidas libres nun mundo máis xusto.

Queremos convidar á folga non so no ámbito laboral, tamén no ámbito dos coidados, visibilizando todos os traballos que asumimos as mulleres e sen os cales a sociedade non podería funcionar.

Ler máis...

No corazón unha árbore: amadriña bosque autóctono

Detalles
Publicado o Martes, 02 Xaneiro 2018 11:48
Visitas: 941

bosque-autoctono-1Verdegaia vén de dar o seu apoio á Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán e á Sociedade Coluna Sanfins para un proxecto de micromecenado ("crowdfunding") que ten por obxectivo restaurar 10 hectares de monte dominadas por eucalipto recuperando as masas de frondosas autóctonas.

O proxecto chámase "No corazón unha árbore" e está dispoñible na plataforma Kukumiku: https://www.kukumiku.com/proyectos/amadrina-bosque-autoctono/

Ler máis...

Xornadas sobre os montes galegos

Detalles
Publicado o Mércores, 13 Decembro 2017 08:55
Visitas: 679

Xornadas sobre os montes galegos Terra VivaCon motivo dos recentes incendios en Vigo, producíronse reunións de diversos colectivos e persoas individuais que deron lugar á Plataforma Terra Viva.

Esta plataforma está formada por: BNG, CIG, CUT, EQUO, LAGARES VIVO, MAREA DE VIGO, PODEMOS XERACIÓN MORADA e VERDEGAIA.

Decidiuse organizar unhas xornadas sobre as causas, consecuencias, extinción, estado do monte e, sobre todo, alternativas posibles e experiencias positivas.

Convidámosvos a todas e a todos a participar nesta xornada que terá lugar o 16 de decembro na Asociación de veciños Val do Fragoso (Rúa Val Miñor, 1, Vigo), na que falarán diversas persoas representantes de distintos puntos de vista a respecto da natureza e do rural. 

Achegamos o cartaz da xornada.

Os colectivos ecoloxistas reclaman un verdadeiro proceso participativo para a elaboración do PRUX do Parque Nacional

Detalles
Publicado o Venres, 01 Decembro 2017 09:27
Visitas: 581

Islas Cíes Monteagudo y do Faro por Jorge Montero Tapia en FlickrAnte a publicación do “documento de inicio” para a elaboración do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional MT das Illas Atlánticas de Galicia, as asociacións ecoloxistas demandan á administración que inicie un verdadeiro proceso participativo para a súa elaboración e que se faga pública a información e documentos relevantes para o mesmo.

Solicitan que o futuro PRUX conte con obxectivos de conservación claros e prioritarios que orienten a xestión do PN nos próximos anos, cun plan de seguimento e avaliación efectivo que permita dar cumplimento a estes obxectivos e con ferramentas que garantan a información e a participación real dos diferentes axentes implicados no día a dia do PN.

Ler máis...

Penín

Detalles
Publicado o Luns, 13 Novembro 2017 14:37
Visitas: 552

CadeaHumanaA familia de Verdegaia acabamos de perder a un compañeiro que estivo con nós desde os comezos da asociación. Manuel Díaz Penín, da comarca de Ourense, xa non está aquí pero non se foi por completo porque segue presente entre nós, na mente e no corazón. Con el estivemos e con el seguimos na defensa da terra e da xustiza social. Boa viaxe compañeiro.

Que facer cos bosques tralos incendios?

Detalles
Publicado o Xoves, 09 Novembro 2017 10:06
Visitas: 684

vincet west

Publicamos aquí un interesante texto que recolle a posición e consellos de varias entidades especializadas na restauración de ecosistemas.  

Posición da Fundación Internacional para a Restauración de Ecosistemas (http://www.fundacionfire.org/), a Comisión Académica do Máster U. en Restauración de Ecosistemas (UAH, UCM, UPM e URJC; http://www3.uah.es/master_rest_eco/) e a Rede de Investigadores Remedinal (https://remedinal.wordpress.com/).

Os recentes incendios forestais que afectaron amplas zonas en Galicia, Asturias e Portugal foron unha noticia relevante nos medios de comunicación polo seu custo en vidas e elevada destrución de infraestruturas e capital natural. Coas últimas brasas apagadas e o ánimo máis sereno temos que preguntarnos como actuar despois.

Ler máis...

Máis artigos

  1. Chamamento a unha gran mobilización o vindeiro 22 de outubro en Compostela!
  2. Por que e para que arde Galiza?
  3. Preto de 100 organizacións de todo o mundo critican os plans da axencia das Nacións Unidas para a aviación
  4. Contra a Lei de Depredación de Galiza (LFIIE).
  • Start
  • Prev
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Seguinte
  • End
template joomla

Acceder

  • lost password
  • lost uname

Ultimas novas

  • Primeira xornada das Brigadas Deseucaliptizadoras en Lousame
  • Verdegaia pide a liberdade sen cargos dos tres bombeiros acusados de tráfico de persoas por auxiliar migrantes en risco
  • O eucalipto Eucalyptus globulus é unha especie exótica invasora en Galicia
  • As brigadas deseucaliptizadoras bótanse ao monte
  • ROTEIRO MEDIOAMBIENTAL: Areais de Fontaíña-Baluarte, Xunqueira do Lagares e Cabo de Mar

As máis vistas

  • A central térmica de carbón das Pontes é o foco contaminante europeo que causa maiores danos á saúde
  • Vai de Roteiros: Programa anual de roteiros de Verdegaia
  • O Cumio sobre o Clima de Nairobi abre o camiño para un “Protocolo de Quioto 2”
  • Campaña "Atropelos, non grazas!"
  • Graves deficiencias na xestión do P.N. das Illas Atlánticas
  • Manifesto en Defensa da Bicicleta
  • Verdegaia denuncia falta de planificación e clientelismo na organización do voluntariado forestal
sitemap