Apoiamos as mobilizacións na defensa do Ensino no rural
- Detalles
- Publicado o Martes, 11 Setembro 2012 09:34
- Visitas: 195
A Xunta pretende facer agrupamentos en infantil e primaria por debaixo de 18 alumnos e alumnas, o que implican a supresión de decenas de unidades e de mestras e mestres (54 mestras e mestres e 40 unidades só na provincia de Lugo). Isto leva a xuntar nenas e nenos de distintas idades e mesmo de distintos ciclos na mesma aula, co conseguinte deterioro da calidade do ensino.
Esta medida afecta fundamentalmente ás zonas rurais, xa castigadas polo despoboamento, e constitúe un ataque á base do sistema educativo (infantil e primaria).
O problema dos agrupamentos prexudica gravemente aos servizos públicos básicos do rural, xa escasos e constitúe o comezo da súa liquidación definitiva dificultando a volta ao campo como unha alternativa de soberanía alimentaria á crise.
Apoio ao Ateneo Ferrolán
- Detalles
- Publicado o Luns, 03 Setembro 2012 17:32
- Visitas: 290
Dende a asociación ecoloxista Verdegaia, Núcleo Comarcal de Ferrol, Eume e Ortegal, queremos manifestar o noso apoio ao Ateneo Ferrolán ante a operación do goberno municipal do Concello de Ferrol que pretende ocupar a actual sede do Ateneo con outras entidades, reducindo o espazo ateneísta a unha pequena parte na que dificilmente poderían desenvolverse as actividades habituais da entidade, así como o cambio do nome da súa sede, polo de “Centro cultural y cívico Concepción Arenal”.
O Ateneo ferrolán é un lugar plural, democrático, aberto á cidadanía, impulsor de actividades de carácter cultural, social e progresista, asi como defensor dos valores culturais do noso pais. En tódalas ocasións nas que solicitamos como asociación as instalacións do Ateneo para desenvolver actividades de xeito temporal, cedéronsenos desinteresadamente e con maiores facilidades das proporcionadas por outros espazos xestionados directamente polo Concello de Ferrol. Precisamente, o valor destas instalacións reside, tanto na súa centralidade, como na súa amplitude e no feito de non estar compartimentadas.
Resposta ao presidente sobre o enchido da antiga mina das Pontes
- Detalles
- Publicado o Venres, 31 Agosto 2012 15:05
- Visitas: 733
ADEGA, Verdegaia e a SGHN cuestionan a calidade das augas que enchen a antiga mina das Pontes
- Detalles
- Publicado o Venres, 24 Agosto 2012 08:14
- Visitas: 344
A inauguración do mal chamado “lago de As Pontes”, en realidade unha balsa mineira, amosa numerosas incertidumes e máis que posíbeis riscos para a saúde e o ambiente. Para ADEGA, Verdegaia e SGHN a recente autorización do baño nestas augas resulta sorprendente, por canto Augas de Galiza continúa sen propocionar datos sobre a súa calidade. Esta información, imprescindíbel para avaliar o estado da balsa e, consecuentemente, os posíbeis riscos ambientais e cidadás, foille solicitada até catro veces ao longo deste último ano á Consellería de Medio Ambiente e segue sen aparecer na súa web. Cais son as razóns desta ocultación deliberada?
As únicas previsións do que acontecerá na balsa son as achegadas por ENDESA no Proxecto e Estudo de Impacto Ambiental do enchido do oco da mina con auga do Eume. A empresa afirmaba que os niveis de metais pesados tras o proceso de enchido manteríanse en valores practicamente idénticos aos do escenario inicial. Para as nosas entidades, isto non é suficiente. Tendo en conta que os metais pesados (neste caso arsénico, manganeso e aluminio) acumúlanse no organismo humano, a utilización destas augas para o baño podería carrexar graves consecuencias para a saúde. Por iso, fronte a unha administración desaparecida, os nosos grupos imos realizar análises fisicoquímicas periódicas e facer públicos os resultados.





