Xornadas Ecofeministas: REPENSANDO A VIDA (30 de novembro)
- Detalles
- Publicado o Mércores, 28 Novembro 2012 12:13
- Visitas: 1004
Os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro de 2012 terá lugar en Compostela un encontro para a
reflexión sobre o ecofeminismo en Galicia. A iniciativa parte do interese de diferentes colectivos feministas, ecoloxistas e labregos —Verdegaia, Sindicato Labrego Galego, Rede Feminista Galega, Feminismos Compostela e Fiadeiras— por organizar unhas xornadas que permitan analizar as potencialidades que teñen estes movementos de traballar en conxunto.
Encontro de áreas, 24 de novembro en Compostela
- Detalles
- Publicado o Mércores, 21 Novembro 2012 10:34
- Visitas: 194
Como xa se anunciou en varias comunicacións, o vindeiro sábado 24 de novembro terá lugar no local de Compostela o encontro de áreas deste ano. Por favor, é necesario que, canto antes, as persoas que pensedes vir vos inscribades enviando un correo a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. . Arestora hai moi poucas inscricións, e as persoas que estamos a organizalo necesitamos saber con canta xente imos contar.
Lembrade tamén que o domingo imos de roteiro á serra do Candán co guía Miguel Agulló e o contacontos Celso F. Sanmartín.
Grazas e desculpade a insistencia. E animaivos, ho!
25 de novembro, roteiro pola Serra do Candán
- Detalles
- Publicado o Luns, 19 Novembro 2012 13:23
- Visitas: 415
No marco do programa Vai de Roteiros, anunciámosvos que o vindeiro domingo 25 de novembro temos previsto realizar un roteiro pola serra do Candán no que contaremos co amplo coñecemento da zona do guía Miguel Agulló e a singular voz do contacontos Celso F. Sanmartín.
A saída será ás 9:30 na estación de autobuses de Compostela, onde apañaremos un autobús que nos levará a Vilatuxe. Unha vez alí, visitaremos a fraga de Bustelos, onde se atopan algúns dos poucos carballos da variedade endémica da Galiza. Logo iremos ao lugar de Zobra, onde comezará a andaina, que nos levará á Cabana, Ameixedo e Zobra. Rematado o día, o autobús recolleranos e levaranos de regreso á estación de autobuses de Compostela.
Alega contra o parque eólico da Serra do Galiñeiro
- Detalles
- Publicado o Luns, 19 Novembro 2012 11:51
- Visitas: 270
Dende a Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro, da que fai parte Verdegaia, pedimos o apoio da cidadanía. Trátase neste caso de asinar unha alegación en contra do Proxecto do "Parque Eólico Serra do Galiñeiro". Se somos moitos e moitas podemos paralo!!!
É sabido de todos que os polígonos eólicos non se poñen onde hai máis vento, nin onde destragan menos a natureza, nin onde fai máis falla a enerxía, nin onde máis necesidades económicas ten a poboación. Póñense onde menos oposición atopan as multinacionais para a súa construción. Naqueles lugares en que a montaña, as serras ou campo están abandonados, e os seus propietarios e os poucos veciños que alí quedan non teñen nada mellor que facer co monte que entregarllo por "dúas chicas" aos especuladores.





