Verdegaia-Pontevedra
Sábado 27, Mercadillo de Troco en Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Mércores, 24 Marzo 2010 10:45
- Visitas: 1154
O último Sábado de mes, na Praza da Verdura de Pontevedra, Verdegaia e Amarante organizamos Mercado de Troco. O vindeiro é este Sábado, 27 de Marzo. Agardámoste entre as 11:00 e as 13:00 horas!!
Pontevedra: Roteiro de Marzo pola Serra do Cando
- Detalles
- Publicado o Luns, 22 Marzo 2010 15:36
- Visitas: 2036
No Núcleo Comarcal de Verdegaia Pontevedra, proseguimos co Plan de Roteiros Mensual 2010 desexando manter a alta participación das actividades realizadas os meses anteriores. Convidámoste a acompañarnos na colocación de caixas niño para aves e morcegos na Serra do Cando e revisión das xa colocadas e disfrutar este inicio da primavera pisando campo.
Roteiros do NC de Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Sábado, 06 Febreiro 2010 18:31
- Visitas: 1410
Onte, a pesar da ameaza de choiva inminente e dun breve chubasco, 22 persoas asistiron ao Roteiro Noctua organizado polo núcleo comarcal de Verdegaia Pontevedra. O canto da Avelaiona (Strix aluco) acompañounos durante grande parte do percorrido. Mañán sairemos a colocar caixas niño á Serra do Cando. Darémonos cita diante do pabellón de deportes de Pontevedra ás 10h.







