Verdegaia - Ferrol
Ría de Cedeira: ameazada por un novo proxecto de porto deportivo
- Detalles
- Publicado o Luns, 15 Outubro 2007 17:27
- Visitas: 2099
A ría de Cedeira está en trámites de ser declarada Reserva Mariña pola súa riqueza pesqueira e marisqueira. Ademais esta ría contén diversos xacementos arqueolóxicos como acaban de constatar as prospeccións realizadas de xeito preliminar. Mais isto non evita que se vexa ameazada por un proxecto de novo porto deportivo que alteraría e afectaria tanto aos hábitas como aos restos históricos.
Actuacións perxudiciais na contorna da marisma do río Baxoi (Miño)
- Detalles
- Publicado o Mércores, 10 Outubro 2007 23:54
- Visitas: 1823
Verdegaia acaba de denunciar ante a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, unha serie de actuacións presuntamente ilegais que afectan a marisma do río Baxoi. Esta marisma constitúe un importante refuxo de fauna, principalmente de aves. Hai para tódolos "gustos": verquidos, plantacións de eucaliptos, desmontes, construción de muros na ribeira e o impacto paixasístico ao que, desgraciadamente, tan afeitos/as estamos.
Pretendida rexeneración das marismas do río Belelle
- Detalles
- Publicado o Martes, 02 Outubro 2007 00:17
- Visitas: 1805
Verdegaia ven de formular alegacións ao proxecto de "rexeneración das marismas do río Belelle" xa que atopamos numerosas actuacións contraproducentes que ademais fannos sospeitar que baixo o falso epígrafe da rexeneración , o que realmente se pretende construír é un novo paseo marítimo.







