Verdegaia - Ferrol

Roteiro polo río Sor. Unha xornada agradábel

foto_grupo_sor.jpgDende Verdegaia queremos agradecer a asistencia de tódolos/as participantes ao roteiro polo río Sor do pasado domingo. Esperamos que o pasárades tan ben como nosoutros/as e agardamos volver atoparnos en vindeiros roteiros para seguir disfrutando da natureza xuntos/as. Moitas Grazas!!

Engadir comentario (0)

Roteiro polo Río Sor

fotosor.jpgVerdegaia Ferrol, convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón. Trátase dunha magnífica ocasión para achegarse a un espazo natural pouco coñecido pero moi ben conservado, onde se pode disfrutar dunha paz e unha paisaxe difíciles de igualar. Ademais da excelente calidade das súas augas, o Río Sor ofrece aínda excelentes manchas de fraga de ribeira autóctona.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Museo da Natureza en Ferrol

foto_museo_da_natureza.jpgVerdegaia expresa o seu respaldo á esixencia da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)  e doutros colectivos cidadáns de facer efectiva a concesión da sede do Museo da Natureza na chamada "Casa do Coronel" en Canido. Ademais queremos esixir que os criterios para decidir os usos do solo ou dos inmobles non sexan a rendibilidade económica a curto prazo, favorecendo en exclusiva os intereses de empresas privadas e negando á cidadanía espacios públicos, de encontro e  de aprendizaxe 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Subcategorías