Verdegaia - Ferrol

Mercadiño de troco en Ferrol

logo_consumes_ou_devoras.jpgEste domingo día 16 de decembro Verdegaia Ferrol organiza un mercadiño de troco, tal e como se vén celebrando nos diferentes núcleos comarcais. O comezo deste mercadiño alternativo ao consumismo actual comezará ás 10.30 h no Edificio provisional do Mercado Central de Ferrol. Por iso, invitamos a todos/as aqueles cidadáns que desexen trocar calquera obxecto a que acudan á cita.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Vehículo abandonado dende a pasada primavera en Cabo Prior

coche_en_cabo_prior Verdegaia ven de denunciar o abandono dun vehículo completamente enferruxado nos cantís do Cabo Prior (Covas), Concello de Ferrol, a escasos metros do faro existente. O abandono deste vehículo, do que só queda o chasis, a carrocería e o motor, efectuouse nunha zona declarada como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C. "Costa Ártabra") e como Zona de Especial Proteción para as Aves (Z.E.P.A. "Costa de Ferrolterra-Valdoviño").

Engadir comentario (0)

Ler máis...

1ª Masa Crítica Ferrolá

1masacriticaferrol.jpgA masa crítica (bicicletada), será o venres 23 de novembro ás 18.30 da tarde. A saída realizarase en Porta Nova (Ferrol) e despois de dar unha volta pola cidade haberá unha conferrencia a cargo dos membros da Masa Crítica da Coruña, ás 20.00h no Espazo Libertario (Avda. de Esteiro, nº 10, baixo). 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Subcategorías