Verdegaia - Ferrol
Posible traslado da planta de Ence a Ferrol ou As Pontes
- Detalles
- Publicado o Xoves, 22 Mai 2008 18:57
- Visitas: 1684
Verdegaia considera que se está a xenerar unha polémica innecesaria en torno á posible ubicación futura da planta de produción de celulosa de Ence-Elnosa. Consideramos que, se esta industria é altamente contaminante, a solución máis acorde co desenvolvemento sostible pasa polo seu peche definitivo e por novas políticas consensuadas sobre a produción e o uso do papel, onde teñan cabida a redución do consumo e o fomento do uso de papel reciclado.
As obras de ampliación da estrada Covas-San Xurxo (Ferrol): un perigo para os valores naturais
- Detalles
- Publicado o Martes, 20 Mai 2008 15:31
- Visitas: 1703
Verdegaia demanda que as obras de ampliación da estrada Covas-San Xurxo (Ferrol) sexan escrupulosamente respetuosas cos valores naturais da zona afectada e require da Deputación Provincial que se teñan en conta unha serie de criterios ambientais á hora de executar as obras co obxecto de integrar a estrada no contorno e salvagardar as comunidades vexetais e os hábitats de interese.
Verdegaia esixe a paralización inmediata das obras de construción dun paseo fluvial no Rio Sor
- Detalles
- Publicado o Mércores, 07 Mai 2008 15:51
- Visitas: 1463
Verdegaia quere manifestar o seu rexeitamento ás obras de construción dun paseo fluvial nas marxes do Rio Sor, denominado “Rota de Sendeirismo Riveira do Vispo – Ambosores”, promovido polo Concello de Mañón e co beneplácito da Xunta de Galicia. Tras visitar a zona afectada, constatamos a apertura dun camiño con maquinaria na beira do rio, de 800 m de lonxitude, efectuándose diversos desmontes e esplanacións do terreo a través do bosque de ribeira, talándose algunhas árbores e afectando incluso ao patrimonio etnográfico da zona.







