Verdegaia - Ferrol
Verdegaia insiste en que se paralicen as obras da concentración parcelaria en Ferrol
- Detalles
- Publicado o Mércores, 17 Setembro 2008 19:43
- Visitas: 1629
Verdegaia insiste en que se paralicen as obras da concentración parcelaria nos espazos da Rede Natura por carecer da preceptiva Avaliación de Impacto Ambiental. Os feitos xa foron denunciados ante o Servizo de Proteción da Natureza (Seprona) da Garda Civil.
Verdegaia paralisa novamente a construción dunha pista da concentración parcelaria de Covas
- Detalles
- Publicado o Xoves, 11 Setembro 2008 15:36
- Visitas: 1732
Verdegaia paralisou de novo a construción dunha pista da concentración parcelaria de Covas por afectar a unha das zonas húmidas que integran a Rede Natura 2000. As obras serán denunciadas perante a Fiscalía de Medio Ambiente, sen descartar a posibilidade de presentar unha queixa perante a Comisión Europea para que retiren os fondos FEOGA cos que se financia a parcelaria.
Pola paralización da parcelaria na parroquia de Covas
- Detalles
- Publicado o Sábado, 09 Agosto 2008 11:47
- Visitas: 1823
Verdegaia demanda que se paralicen os traballos de reiniciación da concentración parcelaria na parroquia de Covas polo seu impacto ambiental. Denuncia que a Xunta incumpriu o seu compromiso de salvagardar tanto as zonas costeiras que integran a Rede Natura como o humidal das Cabazas e reitera a necesidade de que a Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente se fagan coa titularidade dos predios.







