Verdegaia - Ferrol
Mercadiño de Troco en Ferrol: Contra o consumismo, troca e reutiliza
- Detalles
- Publicado o Mércores, 15 Abril 2009 12:55
- Visitas: 1474
O domingo 19 de Abril na Praza Vella de Ferrol (ou no edificio do Mercado Central-Ferrol en caso de chuvia) desenvolverase de 10:00 a 13:30 unha nova edición do Mercadiño de Troco . Este mercadiño de troco ten periodicidade bimensual. Tamén podes acceder ao Mercadiño permanente FerrolTroca no que atoparás trocos, cesións, bancos de tempo . . ..
Domingo 15: Novo mercadillo de troco en Ferrol
- Detalles
- Publicado o Xoves, 12 Febreiro 2009 23:06
- Visitas: 1496
O vindeiro Domingo 15 de Febreiro celébrase en Ferrol un novo mercadillo de troco, o segundo organizado pola recén criada FerrolTroca (Rede de Troco de Ferrol), da que fai parte Verdegaia. O mercadillo é bimensal e celébrase na Praza Vella de 10:00 a 13:30 horas. Trocaranse: Libros, Menaxe de cociña, Artesanía, Audiovisuais, Xogos e xoguetes, Roupa e todas aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas.
Verquido no Porto Exterior de Ferrol
- Detalles
- Publicado o Mércores, 11 Febreiro 2009 16:45
- Visitas: 1659
Ante o verquido que tivo lugar o pasado 8 de Febreiro no Porto Exterior de Ferrol debido ás actividades nas instalacións da empresa Entaban Biocombustibles e que afectou á Ría, os colectivos Sociedade Galega de Historia Natural, Adega e Verdegaia cualifican como tomadura de pelo afirmar, tal e como fixeron os responsables da Autoridade Portuaria de Ferrol, que os 10.000 litros de aceites vexetais e glicerina vertidos non son contaminantes, xa que cada litro de aceite ten a capacidade de contaminar entre 1.000 e 1 millón de litros de auga, dependendo do tipo de aceite. Os colectivos asinantes esiximos que se expliquen as causas técnicas deste accidente e que o proxecto de instalación e explotación de Entaban se faga público. Reclamamos tamén que a Fiscalía de Medio Ambiente sexa contundente con este tipo de accións, sendo sancionada a empresa e paralizada a súa actividade de non estar garantida a seguridade ambiental.







