Verdegaia - Ferrol

Imprescindíbel axilizar a protección do Río da Sardiña e da Fraga de Menancaro

Verdegaia e a Comunidade de Menáncaro piden axilidade na protección do Río da Sardiña e da Fraga de Menáncaro. Denuncian o desleixo do Concello para ter resoltos os trámites antes de que se esgote a lexislatura. Ameazan con retomar as movilizacións de protesta se nun breve espazo de tempo non se resolve satisfactoriamente o asunto.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A tiros no medio dun LIC

vilarrube.jpgVerdegaia e SGHN veñen de presentar denuncia na Demarcación de Costas de Galicia e na Consellería de Medio Ambiente, e califican de atentado ambiental, a celebración o sábado, 18 de abril, dunha proba cinexética con cans no Areal de Vilarrube, unha zona incluída no Lugar de Importancia Comunitaria “Costa Ártabra”, que forma parte da Rede Natura, está incluído no Catálogo de humidais de Galicia “Trasdunas de Vilarrube” e figura no Inventario dos sistemas dunares do Ministerio de Medio Ambiente “Sistema dunar de Vilarrube”.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Roteiro polo Río Mera: unha xornada para lembrar.

O pasado domingo 19 de abril un grupiño de persoas (21 que ao final quedamos en 19), amantes da natureza e da tranquilidade, fixemos un percorrido polo Río Mera que creo que moitos de nós non esqueceremos (nada que ver coa “invasión” que organizou o día anterior no Belelle o Clube de Montaña de Ferrol, con 320 participantes polo medio dunha zona LIC).

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Subcategorías