Verdegaia - Ferrol
Domingo 21 de Febreiro, Mercadiño de Troco en Ferrol
- Detalles
- Publicado o Xoves, 18 Febreiro 2010 15:10
- Visitas: 1738
O vindeiro domingo 21 de Febreiro (a periodicidade é bimensual) celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:30 h-13:30
h. Esta
actividade
é un espazo de encontro no que as persoas participantes
poderán expoñer os seus obxectos naqueles soportes traidos polas propias
persoas que se acheguen. Verdegaia-Ferrol demanda respostas do Concello sobre o aparcadoiro da Praza de Armas
- Detalles
- Publicado o Mércores, 03 Febreiro 2010 16:26
- Visitas: 1424
Verdegaia esixe ao Concello de Ferrol que responda por escrito á alegación presentada no mes de Xullo ao Estudo de Viabilidade sobre a concesión de obra pública para a construción e explotación dun aparcadoiro soterrado na Praza de Armas, publicado no BOP, xa que ata a data os responsables municipais só informaron a través dos medios de comunicación. Dende Verdegaia, reivindicamos a máxima proteción e salvagarda do barrio histórico da Magdalena como un espazo único, singular e irrepetible, polo que poñemos en cuestión a necesidade e conveniencia do citado aparcadoiro soterrado, tal e como fixemos constar na alegación presentada.
Mercadiño de Troco en Ferrol na Praza Vella, este Domingo 20 de Decembro
- Detalles
- Publicado o Xoves, 17 Decembro 2009 18:00
- Visitas: 1799
Este domingo día 20 de Decembro de 2009, e durante a mañá (10:30 a 13:30 h), hai Mercadiño de Troco en Ferrol, tal e como se vén celebrando cada dous meses, na Praza Vella no barrio de Ferrol Vello.







