Verdegaia - Ferrol
20 de xuño. Roteiro polas Fragas do Eume
- Detalles
- Publicado o Venres, 11 Xuño 2010 16:08
- Visitas: 1124
As obras de acondicionamento da praia de Cedeira alteran o ecosistema do areal
- Detalles
- Publicado o Martes, 01 Xuño 2010 18:49
- Visitas: 906
Un ano máis no Concello de Cedeira inícianse as obras de presunto “acondicionamento” do areal da Magdalena de cara ao verán, sen ningún tipo de estudo de impacto ambiental e sen ter en conta os danos ambientais que supoñen.
Nesta ocasión nin sequera se instalaron carteis indicando o propósito, a duración e o presuposto da obra. Hai que lembrar que o ano pasado as obras emprendidas pola Demarcación de Costas en Galicia, que duraron tres meses e contaron cun orzamento superior ao millón de euros, quedaron reducidas a nada en cuestión de días polos primeiros temporais do outono. Incluso foron prexudiciais para o propio areal, xa que se aportaron materiais como pedras de gran tamaño, restos de obra e vidros que estaban enterrados nas zonas de extracción e agora quedaron ao aire na liña de praia.
Charlas na Capela: A Fraga do Pico Vello, un espazo a protexer
- Detalles
- Publicado o Domingo, 09 Mai 2010 19:49
- Visitas: 884
As entidades Adega, A.M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G.N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Néboa Medioambiente, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia organizan o día 13 de maio unhas charlas na Casa da Cultura da Capela, baixo o título: “A Fraga de Pico Vello. Un espazo a protexer”.







