Verdegaia - Ferrol
- Detalles
-
Publicado o Martes, 14 Xullo 2009 15:53
-
Visitas: 1732

A finais do ano 2003 a veciñanza da parroquia de Esmelle en Ferrol
iniciou un proxecto de recuperación do patrimonio material e inmaterial
a través de multitude de actividades. Unha delas celébrase o próximo
sábado 18: o Encontro Galego-Portugués no que haberá
actuacións folklóricas, un xantar popular, unha feira de artesanía e
tamén, convidados polos veciños, a Rede de Ferrol Troca organizará un
mercadiño de troco e cesión. Trocaránse: -Libros -Menaxe de cociña
-Artesanía -Audiovisuais -Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que
podan ser de interese para outras persoas.
Data: sábado 18 de xullo
Lugar: Local Social de Esmelle-Ferrol
Horario: 10-14 hs. (o Encontro non rematará ata 19:30 h.)
Powered by Bullraider.com