Verdegaia - Ferrol
Vai de Roteiros: Programa anual de roteiros de Verdegaia
- Detalles
- Publicado o Venres, 23 Xaneiro 2009 16:07
- Visitas: 13594
Nos
algo máis de dous anos que Verdegaia leva traballando en prol da
defensa do ambiente e a transformación social, a realización de
roteiros polo territorio galego foi unha constante como actividade
educativa e reivindicativa. Galiza
dispón dunha riqueza natural, cultural e paisaxística só
comparábel ás barbaridades que tristemente tamén podemos atopar
con certa facilidade... encoros, autoestradas, explotacións
mineiras, etc.
Verdegaia pon en marcha o seu Programa VAI DE ROTEIROS!, co dobre obxectivo de dar forma a unha actividade que até o de agora non tiñan un fío condutor visíbel e de coñecer e valorar o mellor e o peor do noso territorio, educando e ao mesmo tempo reivindicando unha correcta xestión do mesmo.
Este programa abranguerá a totalidade da xeografía galega, e de zonas próximas á nosa comunidade, perseguindo diferentes fins como servir para divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e fomentar o traballo conxunto entre asociacións, entre outras finalidades.
Cada terceira fin de semana do mes, un dos núcleos comarcais de Verdegaia será responsábel da organización e realización dun roteiro no que tentaremos integrar elementos naturais e culturais, educativos e reivindicativos para coñecer e valorar mellor o noso medio e o noso impacto sobre el.
Programa 2011-2012
-
Outubro 2011: río Fondón (Nc de Vigo).
-
Novembro 2011: curso alto do río Sor (Nc de Ferrol).
-
Decembro 2011: río Arnoia (Nc de Ourense).
-
Xaneiro 2012: Pico Sacro (Nc de Compostela).
-
Febreiro 2012: enseada de San Simón (Nc de Vigo).
-
Marzo 2012: lagoa e areal de Valdoviño (Nc de Ferrol).
-
Abril 2012: río Toxa (Nc de Compostela).
-
Maio 2012: Santa Cristina de Ribas de Sil (Nc de Ourense).
-
Xuño 2012: serra do Cando (Nc de Pontevedra)
2010/2011
Outubro: Estaca de Vares. NC de Ferrol.
Novembro: Ribeiras do río Arnoia en Allariz. NC de Ourense.
Decembro: Complexo intermareal Umia-O Grove. NC de Pontevedra.
Xaneiro: L.I.C. Costa Ártabra entre Ares e Mugardos . NC de Ferrol.
Febreiro: ---
Marzo: Serra da Groba. NC de Vigo.
Abril: Chouzos do Suído. NC de Pontevedra.
Maio: Ribeiras do Miño na cidade de Ourense. NC de Ourense.
Xuño: Illa de Ons. NC de Vigo.
2009/2010
- Xaneiro (18/01/09): Xunqueira e treito baixo do Lagares (Vigo)
- Febreiro (14/02/09): Treito baixo do río Tambre (Negreira)
- Marzo (15/03/09): praia da Xunqueira e o Río da Fraga (Moaña)
- Abril (19/04/09): Río Mera (Ferrol)
- Maio (24/05/09): O Camiño do Cabo (Ribeira)
- Xuño (21/06/09): Canón do río Mao (Parada de Sil, Ribeira Sacra ourensá)







