Verdegaia - Ferrol
Rehabilitación da Ponte Metálica do Barqueiro (Mañón)
- Detalles
- Publicado o Xoves, 02 Novembro 2006 23:27
- Visitas: 12958
Demarcación de Costas promoveu a rehabilitación da Ponte Metálica do Barqueiro. As obras desta rehabilitación están xa moi adiantadas e se ben valoramos moi positivamente a recuperación da Ponte Metálica do Barqueiro, dado o seu valor histórico e arquitectónico, certas intervencións non son, ao noso entender, as máis axeitadas e están a ocasionar o deturpamento do deseño orixinal desta ponte do século XIX.
O NC Verdegaia Ferrol, presentou recentemente unha serie de consideracións. Nelas manifestamos o noso desacordo coa eliminación das ménsulas, o firme e a varanda metálicas que constitúen as beirarrúas en voladizo, por supoñer a deturpación do deseño orixinal de dita ponte. O feito de que esta estructura metálica se peatonalice, sustituindo o pavimento rodado por un novo de madeira; actuación coa que estamos de acordo, non deberÃa ser escusa para eliminar unha das caracterÃsticas singulares da ponte do Barqueiro. Estas beirarrúas en voladizo poderÃan ser de utilidade, por exemplo, para practicar á pesca ou simplemente cumprir unha función de mirador. Por outro lado, as farolas que se están instalando deberÃan sustituirse por outro modelo acorde coa tipoloxÃa da ponte. Consideramos ademais que se está a tempo de corrixir estas deficiencias detectadas dado que as obras aÃnda non están rematadas.







