Semana da Mobilidade 2011 “Desprázate de forma eficiente: mellora a túa mobilidade!”

bump_modificada.jpgChega un ano máis a Semana Europea da Mobilidade (do 16 ao 22 de setembro) co lema “Desprázate de forma eficiente: mellora a túa mobilidade!”. Distintas cidades galegas van participar da mesma, mais segue a estar ausente unha implicación serie e rigorosa de todas as administracións para reducir o impacto do transporte ao longo de todo o ano, fomentando alternativas e apostando pola creación de proximidade

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Galicia xa non precisa do carbón para se autoabastecer de electricidade

carbon_porto_ferrol.jpgPor primeiro ano, durante 2010 a electricidade producida nas centrais térmicas de carbón das Pontes (ENDESA) e de Meirama (Gas Natural Fenosa) foi inferior á exportada desde Galicia a Portugal e ao resto do Estado español. Galicia podería prescindir hoxe da produción eléctrica sucia e ineficiente do carbón e reducir así drasticamente a súa pegada ecolóxica , debida sobre todo ás emisións excesivas de dióxido de carbono (CO2), o principal gas causante do cambio climático (1). As centrais de carbón de Meirama e As Pontes emitiron en 2010 máis CO2 que o resto das industrias galegas que participan no comercio europeo de emisións.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Bandeiras Negras 2011

banderas_negras_2011.jpgEcoloxistas en Acción presentou o informe "Banderas Negras 2011. Esto es una barbaridad", no que se realiza unha análise das causas primordiais da degradación das costas españolas e se identifican os principais lugares desa deterioración. A destrución das costas españolas ten como referencias esenciais a colmatación urbanística, as verteduras orgánicas e industriais, os portos e as obras en costas e rexeneracións de praias. Verdegaia colaborou na elaboración da parte do informe referida a Galicia.

Engadir comentario (0)

Ler máis...