ContraMINAcción convoca unha grande manifestación o 2 de xuño para frear a minaría salvaxe promovida pola Xunta
- Detalles
- Publicado o Martes, 21 Mai 2013 08:29
- Visitas: 8
Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción ofreceron unha rolda de prensa para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente; nin á defensa dos miles de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.
Proposta de Corredor Ciclable Prz.América-G.Barbón
- Detalles
- Publicado o Venres, 19 Abril 2013 15:39
- Visitas: 104
Co gallo da celebración do Dia mundial da bicicleta este venres 19 de Abril, Verdegaia presentará á concellería local de Mobilidade unha proposta para potenciar a utilización da bici como medio de transporte alternativo na cidade de Vigo.
A bicicleta promove un estilo de vida saudable fronte ao crecente sedentarismo da sociedade, non xera contaminación atmosférica nin acústica e evita que as rúas estean ateigadas de coches e motos que a diario xeran contextos de perigo para os demais usuarios da vía pública.
Verdegaia apoia a manifestación do día 14 contra a mina de ouro de Corcoesto en Carballo
- Detalles
- Publicado o Martes, 09 Abril 2013 17:40
- Visitas: 92
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, da que fai parte Verdegaia, convoca unha manifestación co lema "Por un aire puro, sen arsénico nin cianuro: NON Á MINA DE CORCOESTO" o vindeiro domingo en Carballo. A manifestación partirá ás 12 da mañá do 14 de abril do aparcamento do Haley desa localidade. ![]()
Verdegaia anima as persoas socias e a toda a sociedade en xeral a secundala, mostrando así a oposición a un proxecto que, ademais do enorme impacto medioambiental que xeraría, suporía un impacto socioeconómico moi negativo para Corcoesto e para toda a comarca de Bergantiños, tal como alertan especialistas de distintos campos.







