Transparencia

Transparencia

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Verdegaia conta entre os seus principios de organización o Principio de Transparencia e Pluralidade no Financiamento que define a obriga de manter unhas determinadas condicións no financiamento da asociación e que este sexa público e coñecido

PRINCIPIO DE TRANSPARENCIA E PLURALIDADE NO FINANCIAMENTO

Co obxectivo de favorecer a independencia e a continuidade da asociación, procurarase diversificar as fontes de financiamento externo e maximizar os ingresos procedentes de fondos propios (cuotas de socios/as, organización de actividades, venda de materiais,...). Os ingresos propios nunca serán inferiores ao 25% dos ingresos totais da asociación. Ningún dos financiadores externos poderá achegar máis dun terzo dos ingresos totais. Divulgaranse as fontes de financiamento e as cantidades achegadas por cada unha delas. Os convenios asinados con Administracións ou con empresas estarán dispoñíbeis ao público na web da asociación.

 A aplicación deste principio leva a Verdegaia a publicar anualmente unha Memoria resumo da súa actividade e das súas finanzas que alén de publicarse na web a disposición de quen o desexe, imprímese como caderniño central no primeiro número de cada ano da revista Fiando Verde

Poñemos ao voso dispor as memorias publicadas por Verdegaia até o día de hoxe

  Memoria Verdegaia 2006

 Memoria Verdegaia 2007

 Memoria Verdegaia 2008

Memoria Verdegaia 2009