Novas de Verdegaia-Vigo

Verdegaia e Amigos da Terra presentan unha queixa ante o Valedor do Cidadán de Vigo

as arbores humanizan1As asociacións ecoloxistas Amigos da Terra e Verdegaia veñen de presentar unha queixa ante o Valedor do Cidadán de Vigo contra a falta de transparencia e o incumprimento legal no que incorreu o Concello de Vigo na intervención realizada nos últimos meses no arborado da Avenida Castelao.

A pesar de que a Lei 27/2006 pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, recolle que as administracións deben, nun prazo máximo de 2 meses, poñer a disposición dos interesados aquela información en materia ambiental que lles sexa solicitada, o concello segue ignorando as reiteradas solicitudes da documentación que supostamente xustifica o masivo corte de árbores na Avenida Castelao.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Sendas cartas de protesta á Conselleira Quintana e ao Presidente Feijoo

A Rede de colectivos en defensa da ría de Vigo , ARNSV.

TalasoAgrupaçom de montanha Augas Limpas, Asociación Cultural Berra Val Miñor, Asociación Treze Catorze, Bouzas Móvete, C. S. A Revolta, C.S. A Faisca,C.V. contra a Macrodepuradora do Lagares, Caleidoskopio, Clube Espeleolóxico Mauxo, Colectivo Xogo Descuberto, Foro Social de Cangas, G.A.S. Vigo, Luita Verde, OAR Redondela, Plataforma Cidadá de Redondela, Plataforma Defende Mos, Salvemos Monteferro, Salvemos O Salgueirón, SOS Serra da Groba, Verdegaia, Voces polo Litoral de Teis

Ven de enviar unha carta á Conselleira de Medio Rural e do Mar e ao Presidente da Xunta de Galicia para amosar o noso malestar porque, o pasado 6 de maio, a Sra Rosa Quintana inaugurou o Congreso Internacional de Augas Profundas celebrado no complexo Talaso Atlántico, queremos facerlle chegar feito a nosa queixa ante este feito que non so resulta paradóxico e indignante para os colectivos que defendemos o meio natural se non que, ao noso entender, constitúe un insulto para a cidadanía e organizacións que un representante do goberno galego participe nun acto celebrado nunha edificación ilegal e contraria ao respeto ao Medio Ambiente e a lexislación vixente, con sentencia firme do TSXG, que segundo o noso entender supón un desprecio absoluto da administración pola xustiza e o apoio a este tipo de ilegalidades, cando a administración debería saber ben que o fin das construccións ilegais debería ser a demolición.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

IV andaina pola protección da Serra do Galiñerio

IV ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRODomingo 21 de Abril: A vosa presenza sumará forzas neste momento no que é preciso facer fronte a febre mineira que nos ameaza

IV ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO.

SAIDA:
Parque forestal de Zamáns ás 10:30 h.

CHEGADA:
Parque forestal de Zamáns as 15:00 h.
Zona de aparcamento: Parque forestal de Zamáns.

O percorrido pasa polos sitios onde se ubicarán alomenos 6 xeradores eólicos e pola área onde se prevé realizar as catas de prospeccións mineiras de terras raras.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A ciencia fala e os políticos calan

IPCCBaixo os lemas "la ciencia habla, los políticos no escuchan" e "mudemos o sistema non o clima", organizacións da sociedade civil denunciamos hoxe en Vigo a inacción dos líderes mundiais perante a mudanza climática (mc). Os expertos da ONU, quen se reúnen na cidade galega, sinalan a actividade humana como a causa principal dos graves impactos do quecemento global.

Entre os días 5 e 9 de novembro, Vigo acolle a terceira reunión de expertos do Panel Intergobernamental de Mudanza Climática (IPCC)[1]. Preto de 300 científicos procedentes de todo o mundo avalían neste encontro as diferentes opcións de mitigación da mc mediante a limitación das emisións de gases de efecto estufa (GEE).

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Únete a nós este luns 5 ás 9:30 da mañá

CARTEL-CAMBIO-CLIMATICO -webÚnete a nós este luns 5 ás 9:30 da mañá.- As asociacións Greenpeace e Amigos da Terra (que forman parte de Coalición Clima) e máis Verdegaia convidan a toda a cidadanía a un acto de rúa que terá como obxectivos, por unha banda, visibilizar o importante acontecemento de contar co IPCC (Intergovernmental Panel on Climate Change ou Painel Intergovernamental sobre Mudanzas Climáticas) en Vigo e, por outra, demandar aos gobernos maior compromiso nas súas accións tendo en conta o que a ciencia advirte sobre esta importante problemática global que nos afecta. Por esa razón estaremos este luns 5 de novembro a iso das 9:30 da mañá diante do Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz, 24) para facer a nosa particular homenaxe aos científicos, mais sen esquencer tamén aos políticos. Agardámoste!

Engadir comentario (0)