Campaña de sensibilización sobre os Tratados de Libre Comercio

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Stop-TTIP-CETA-TISAO Parlamento Europeo aprobou a pasada semana o CETA (Comprehensive Economic and Trade Agreement), o acordo comercial asinado por Canadá e a UE o pasado 30 de outubro. Referendárono os votos do PP, PSOE e Cidadáns (xunto cos seus aliados na eurocámara) e votaron en contra a Esquerda Unitaria, os Verdes e algúns socialdemócratas. En total 408 votos a favor, 254 en contra e 33 abstencións.

Verdegaia xunto con outras organizacións ambientais, sociais, sindicatos e outros sectores profesionais lembra que aínda que o CETA fose aprobado na eurocámara, é agora o momento dos parlamentos estatais de bloquear o proceso de ratificación. Non podemos permitir que un tratado de comercio e investimentos ditamine as nosas normas ambientais, sociais ou laborais. Agora máis que nunca cómpre que fagamos fronte a un modelo de globalización fracasado que unicamente aumenta as fendas da desigualdade e acelera o cambio climático, provocando descontento social.

Na votación desta semana o que se dirimiu no Parlamento Europeo é algo máis que unha votación sobre un acordo comercial, votouse o modelo socioeconómico que pode imperar en Europa nas próximas décadas, moi na liña das políticas de austeridade e recortes que están sufrindo as clases populares desde o inicio da mal chamada crise económica.

“Non ao TTIP” lembra que a pesar do resultado da votación no Parlamento Europeo ningunha loita está perdida. O acordo con Canadá ten un obrigado paso polos parlamentos estatais e algúns rexionais, e a súa tramitación pode deparar algunhas sorpresas. Temos aínda, polo tanto, oportunidades para acabar definitivamente con el, dado que algúns países mostran serias dúbidas sobre a idoneidade da súa implantación.

Perante o silencio e desinformación da grande maioría dos medios de comunicación, a rede “Non ao TTIP Galiza”, da que facemos parte xunto con máis de 50 organizacións da sociedade civil, lanza unha campaña de sensibilización sobre os Tratados de Libre Comercio cos seguintes obxectivos:

  • Informar sobre os Tratados de Libre Comercio (TLC)
  • Sensibilizar á poboación sobre as consecuencias dos TLC
  • Desenvolver tecido social crítico e activo contra os TLC

Colaborando na Campaña de Sensibilización contra os TLC estarás axudando a que entre todas cumpramos estes obxectivos.

Por favor, PARTICIPA e DIFUNDE!!

Powered by Bullraider.com