O PP en solitario tumba a ILP a prol dos 3R
- Detalles
- Publicado o Mércores, 15 Mai 2013 20:40
- Visitas: 22
A Comisión Promotora denunciará o modelo SOGAMA na UE
A Comisión Promotora da ILP e todas as entidades que con ela teñen colaborado ao longo do proceso de redacción e difusión do texto e recollida de sinaturas, desexamos manifestar o seguinte:
1º Lamentamos fondamente a decisión do Partido Popular de rexeitar considerar as bondades do texto que se formulaba e as solucións que sen dúbida achegaría ao problema que supón na nosa terra a situación actual do tratamento dos residuos que tod@s @s galeg@s xeramos día a día. E lamentamos tamén as razóns esgrimidas para facelo.
2º As máis de 21000 sinaturas que apoiaron o texto fannos concluír, tamén, que debemos seguir traballando por facer que a Xunta de Galicia varíe radicalmente o rumbo neste tema. O seguinte paso que daremos desde a Comisión Promotora da ILP e da Plataforma Galega contra a Incineración será elevar unha denuncia nas instancias europeas correspondentes para demostrar que se están a incumprir as directivas europeas relativas a esta cuestión. E das posibles consecuencias desta denuncia terá que responder o Goberno. Unha vez máis, os textos din o que din, pero a realidade e os investimentos contidos no Plan de Residuos vixente incumpren a lei de xeito alarmante.
Por un novo modelo de xestión dos residuos sólidos urbanos
- Detalles
- Publicado o Luns, 13 Mai 2013 16:11
- Visitas: 55
O martes 14 de maio preséntase no Parlamento galego a ILP que defende unha mudanza no modelo de xestión de residuos sólidos urbanos, para superar dunha vez o sistema centralizado e crematístico de SOGAMA en favor dunha proposta máis local, que prime de verdade os tres “R” e que consiga impulsar solucións como a compostaxe da sección orgánica.
Agardamos que os representantes dos diferentes partidos políticos e nomeadamente quen ocupa actualmente o Goberno da Xunta, escoiten a voz da cidadanía e atendan un asunto que debería ser prioritario se queremos garantir un medio natural sostible no noso territorio.
Se queres podes acudir ás portas do Parlamento expresar o teu apoio a esta ILP. Alí está convocada unha concentración a partires das 11h da mañá con este fin.
Estanque dourado
- Detalles
- Publicado o Martes, 12 Marzo 2013 17:17
- Visitas: 145
A asociación ecoloxista Verdegaia presentou este Martes na Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e na Consellería de Medio Ambiente, unha denuncia polo verquido de materiais considerados perigosos que se ven realizando nas últimas semanas a carón do río Miño no lugar de Carregal (Tomiño). ![]()
Entre os materiais verquidos atópanse uralita, neumáticos e grande cantidade de poliestireno expandido (poliespán). A acumulación destes materiais sen control supón unha grave ameaza ambiental para a contorna pola súa capacidade contaminante, sendo especialmente preocupante a enorme cantidade de poliespán polo perigo que supón para a fauna do río Miño. Diversos estudos reflicten que este material fragméntase facilmente en pequenas bolas que tanto aves como peixes confunden con alimento, provocándolles danos que habitualmente rematan coa súa vida.







